Engalecine

 

Páxina 1 , 2 , 3 , 4 


 

1936. RIBADEO (2007)

 

Dirección:  Jairo Iglesias

Guión:  Jairo Iglesias

Intérpretes:  Jose Barato e Xoaquín Domínguez

Argumento:  En 1936,  nunha praia de Ribadeo dous republicanos fican atrapados cando o pobo é tomado polas tropas franquistas. Cando suba a marea, afogarán.

 

A COMPAÑEIRA FIEL (2011)

 

Dirección:  Marta G. Arce

Guión:  Luis Cernuda, Marta G. Arce

Argumento:  Un paseo polo mundo reflexionando sobre a soedade e a propia vida.

 

 

 

AS ALMAS DO FENTAL (2009)

 

Dirección:  David Vázquez

Guión:  Elena dos Santos

Intérpretes:  Fernando Morán

Argumento:  Un relato sobre o abandono do rural galego, o derradeiro dia dunha aldea de Galicia, O Fental, un feito que sacude a nosa comunidade e que ninguén quere atallar.

 

 

A TEORIA DO ESPELLO (2004)

 

Dirección:  Pedro A. Corredoira

Guión:  Pedro A. Corredoira

Intérpretes:  Luís Iglesia, José Antonio Jiménez, Joaquín Lens

Argumento:  Un relato futurista e imaxinativo sobre o que pasaría se nacéramos vellos e o tempo transcorrese de maneira inversa.

CARAPUCHIÑA E O POBO FEROZ (2011)

 

Dirección:  José Araújo

Ax. dirección: Varinia Doce

Guión:  Jorge Deus

Intérpretes:  Toni Salgado, María Roja, Nani Matos, Gloria Sampedro

 Argumento:  O Lobo vive só nos bosques. Hai tempo que non ten unha manada coa que estar, e considera que xa é o momento de compartir a súa vida con alguén.. Un día coñece a Carapuchiña e a súa vida cambia. Baseada no relato homónimo de Fran Alonso.

 

CORES (2007)

 

Dirección:  Jairo Iglesias

Guión:  Jairo Iglesias, Mikel Fuentes 

Intérpretes:  Vicente de Souza, Alberto Rolán

Argumento:  Unha historia ambientada na Guerra Civil Española. A sin razón de loitar nunha guerra que non se entendía.

DE PROFUNDIS (2006)

 

Dirección:  Miguel Anxo Prado

Guión:  Miguel Anxo Prado

Produción:  Chelo Loureiro

Argumento:  Unha muller namorada dun pintor esta na casa tocando o violoncello fronte ao mar. No entanto, o pintor vai nun pesqueiro e desencadéase unha treboada afundindo a embarcación, ... 

 

DEZ MINUTOS TARDE (2009)

 

Dirección:  Oscar Raña

Guión:  Oscar Raña

Intérpretes:  José Lumbreras

Argumento:  Un mozo ten unha capacidade ou inconvinte particular, chega dez minutos tarde sempre, ata que quixo cambiar este mal fario... 

 

EMPANTANADOS (2007)

 

Dirección:  David Vázquez e Manel Vázquez

Guión:  David Vázquez

Intérpretes:  Miguel de Lira, Fernando Morán, Clara Vázquez, Iván González, Chicho Carballido, Victor Trato

Argumento:  Unha nai heroica coida do seu fillo, un camión de butano acode a unha cita periódica, un fillo labra un eterno tiracroios, uns recordos confúndense coa realidade, a auga do río serve de espello da alma, unha tumba e o ruído dunhas máquinas fan que a historia non teña un final feliz.

ESPERANZA (1986)

 

Dirección:  Chano Piñeiro

Guión:  Chano Piñeiro

Intérpretes:  Xosé M. Olveira Pico, Rosa Álvarez, Antón Reixa, Manuel Lorenzo, Vicente Montoto, Ricardo, Álvarez

Argumento:  O alcolismo de Salvador vai ser a causa da desintegración da súa familia. A pesar do apoio da súa dona, Rosa, e dalgún dos seus amigos, non é capaz de recuperarse da súa adición.

GALICIA 2098 (2008)

 

Dirección:  Edu Lavandeira

Guión:  Edu Lavandeira

Intérpretes:   Xoán Beiro, J.C. Wenceslao Carrasco, Pedro Hernández, María Maceiras
Argumento:  Unha Galicia do 2098, onde as cousas case non cambiaron pero o galego desapareceu.

LUZ VERDE (2011)

 

Dirección:  Sara Casal.

Ax. Dirección:  Martín Crujeiras.

Guión:  Fran Alonso.

Intérpretes:  Dorotea Bárcena, César Cambeiro, Miguel Llanderas, Susana Álvarez, Carmelo Abollo, Uxío Couto, Martín Martinez.

Argumento: Conta a historia dunha noite fría en que Ermitas, unha velliña, agarda na porta dunha farmacia de garda a que o farmacéutico lle venda Voltarén sen receita. Acadarao?.

 

MENIÑA (2006)

 

Dirección:  Daniel D. García

Guión:  Daniel D. García

Intérpretes:  Adela Somoza, Mela Casal, Tatán, Marco Novelle.

Argumento:  Unha ventá aberta, unha porta pechada, a voz da nai facendo eco, após tantos anos, Laura responde novamente a esa chamada, e nin ela mesma sabe por que

 

O ELIXIDO (2009)

 

Dirección:  Chema Gagino

Guión:  Raúl Dans, Chema Gagino

Intérpretes:  Sonia Castelo, Antonio Mourelos e Jesús A. Rosado

Argumento:  Tres persoas encerradas nun cuarto deseñan un listado de confianzas e desconfiazas no que todo é posible e nada é o que semella ser.                                               Quen será o elixido?. 

 

OKUPADO (2007)

 

Dirección:  Alicia Francés

Guión:  Jesús Villegas, Alicia Francés, Laura Cabaleiro

Intérpretes:  Selena Rodríguez, Loreto Sotelo, Vanesa López, Nuria Sánchez, Carla Glez., A.Vidal, Laura Cabaleiro, Maria Veloso

Argumento: Conta o transcorrer dos días nun aseo de mulleres nun instituto.

O NOVENO PRINCIPIO (2009)

 

Dirección:  Iván Seoane

Guión:   Iván Seoane

Intérpretes:  Monti Castiñeiras, Luís Iglesia, Miguel Pernas, Gonzalo Uriarte, Isabel Vallejo, Marcos Vieitez, Roberto Vilar, Antonio Durán “Morris”
Argumento: Logo do atentado contra Adolf Hitler no 1944, dous mandos das SS chegan á casa dun oficial cun estraño prisioneiro. As grandes guerras xóganse ás veces nos máis insólitos campos de batalla

ROSA DOS VENTOS (2006)

 

Dirección:  Jairo Iglesias

Guión: Jairo Iglesias

Intérpretes: Miguel Borinés, María Castro, Belén Constenla, Fernando Morán.

Argumento: O home de Rosa non volverá. Levouno o mar. Ela busca consolo nos recordos, pero descobre que non son abondo para calmar o baleiro de tantos anos de soidade. 

 

SEN ALENTO (2009)

 

Dirección:  Belén Iglesias, Marta Fernández

Guión:  Belén Iglesias

Intérpretes:  Vanesa de Ruz, Jacobo Fernández, Carmen Reigosa

Argumento:  Quen non soñou con poder deter o tempo e facer o que un desexa. Unha adolescente é capaz só con deixar de respirar.

 

TOURETTES (2011)

 

Dirección:  Martin Fiallega

Guión:  Martin Fiallega, Victoria Ulloa

Intérpretes:   Marcos Correa, Isabel Risco, Inaki Cid Iglesias, Iria Matías Basteiro, Jose Vaquero, Cristina Rodríguez Bande, Lola Figueiras, Paco de Quintá, Sixto Gómez González

Argumento:  A vida de dúas persoas marxinadas que padecen a síndrome de Tourette. Están namorados e soñan cunha vida mellor.