Engalecine

 

RECUAR

A CRISE CARNÍVORA

 

Grazas ao Pacto Vexetariano, todos os animais conviven en paz e harmonía. Todos menos un: A hiena Crevel, que vive coa anguria de non voltar a comer carne. Decidido a calmar o seu apetito, unha noite Crevel acode ao cemiterio disposto a devorar os cadáveres, pero non pode... porque non fica ningún.

 

 

VER FILME

DE PROFUNDIS

 

Unha casa no medio do mar, onde unha muller agardaba tocando un violoncelo polo seu amado, un pintor que sempre quixo ser mariñeiro para navegar entre as augamares, as estrelas de mar e os peixes de mil cores, cos que soñaba nos seus cadros.
A súa fascinación levouno a emprender unha viaxe na que descubrir a emocionante beleza e os misterios das profundidades.

 

VER FILME

DORAEMON-NO MÁXICO MUNDO DAS AVES

 

Nobita e os seus amigos seguen a Doraemon, o gato que vén do futuro, a través dun túnel espazo-temporal. Este conduce ao mundo máxico das aves, onde coñecen a Guske, un curioso home-paxaro. Guske infórmaos de que o mundo das aves se atopa ameazado polos plans do malvado xeral Jinglid, un líder militar. Nobita e os seus amigos ofrécense a axudar aos homes paxaro.

 

 

VER FILME

ENGURRAS

 

Baseada no cómic do mesmo nome de Paco Roca está disposta a rachar moldes. Unha historia ambientada nunha residencia á que vén de chegar o protagonista, un enfermo de Alzheimer, que tece relacións con outros anciáns, intentando manter unha vida de seu. A dureza desta situación está tinguida con toques de comedia e tenrura, para facer soportábel esta dramática situación.

 

 

VER FILME

EVANGELION - MORTE E RENACEMENTO

 

É o primeiro filme da serie de Anime Neon Genesis Evangelion, a cal consiste en dúas partes:Death e Rebirth, Morte e Renacemento respectivamente. A primeira parte, Death, consiste dunha edición de 60 minutos sobre os primeiros 24 episodios do programa de televisión, que inclúe varias escenas inéditas. A segunda parte, Rebirth, consiste nunha historia e animación completamente novas, situadas inmediatamente despois do episodio 24.

 

VER FILME

FLOQUIÑO DE NEVE

 

O único gorila branco do mundo chega ao zoo de Barcelona. Acapara todas as miradas dos visitantes por ser totalmente branco, pero tamén provoca o rexeitamento dos seus novos compañeiros gorilas. Floquiño irá na procura da Bruxa do Norte para que o converta nun gorila normal. Durante a súa aventura enfrontarase a innumerables perigos, a maioría planeados por Luc de Sac, un malvado que quere capturalo. 

 

 

VER FILME

KONG, O REI DA ATLANTIDA

 

O xigantesco Kong, que renaceu do ADN do orixinal King Kong e o ADN do seu irmán humano Jason, é o rei da illa onde habita. Pero agora, segundo unha antiga profecía, a antiga civilización de Atlántida rexurdiu do fondo do mar e a súa malvada raíña quere que Kong reine con ela para volver converterse en Kong. Pero Jasón e os seus valentes amigos tratarán de impedir os plans da raíña e enfróntanse a enormes animais soldados, moitos obstáculos, misterios e inimigos. 

 

VER FILME

O LIBRO DA SELVA - RIKKI-TIKKI- TAVI Ó RESCATE 

 

Mowgli, un meniño pequeno, é rescatado por unha pantera de nome  Bagheera do feroz tigre Shere Khan, e coidado polos lobos. Mowgli, con 11 anos, sente que non encaixa en ningures. É moi humano para vivir na selva e moi incivilizado para convivir cos veciños humanos ... E non importa onde vaia, porque Shere Khan está sempre á espera de atacar.

 

VER FILME

O SOÑO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN

 

Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho.

 



OS VIXIANTES DO CAMIÑO

 

A megaestrela Xabarín viaxa ao Lugar do Camiño coa intención de pasar unhas tranquilas vacacións. Nesta esquencida vila coñecerá á panda que o vai acompañar en multitude de aventuras pola vella Europa. Os debuxos da serie son da autoría de Miguelanxo Prado; o guión é do propio Miguelanxo e do equipo que realiza o popular espacio infantil.

 

 

 

VER FILME

 

ROBIN HOOD - A PROCURA DO REI

 

Cando o Rei Ricardo está a piques de volver das Cruzadas. o seu irmán o Príncipe Xoán, prepárase para envialo ao cárcere. Robin, en compaña dos seus homes e Lady Mrion, deberán atopalo antes de que o Sherif de Nottingham cumpra a súa misión.

 

 

VER FILME