Engalecine

Páxina 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,

         13,14


LA BELLA OTERO (2007)

A BELA OTERO


Nada no seo dunha familia humilde de campesiños galegos, Carolina Otero, aos dez anos, decide fuxir da súa casa, tras sufrir unha agresión sexual. Viaxa por países como Francia, Estados Unidos ou Rusia, gañándo a vida como bailarina exótica co nome artístico da "Bella Otero". No seu afán de ascender na escala social, chegou a ser a amante de personaxes moi influentes e podentes. A súa auténtica identidade, idade e procedencia constitúen aínda hoxe un misterio que ela mesma se encargou de alimentar.

 

 

VER FILME (P1)

 

VER FILME (P2)


 

VER FILME (P1)

 

VER FILME (P2)

 

BAIXAR FILME



THE REAPING (2007)

A COLLEITA

 

Unha antiga misioneira cristiá (Hilary Swank) perdeu a fe cando a súa familia foi tráxicamente asasinada, e dende entón convértese nunha autoridade na refutación de fenómenos relixiosos. Pero cando está investigando nun pequeno pobo de Luisiana, que está sufrindo o que parecen ser as pragas bíblicas, dáse conta de que estes feitos non poden ser explicados pola ciencia e debe recuperar a fe para combater ás escuras forzas que ameazan esta comunidade.

 

 

VER FILME

 

VER FILME (PORTUGUÉS)

 

BAIXAR FILME

 

QUEEN OF THE DAMNED (2002)

A RAIÑA DOS CONDENADOS


Lestat, un vampiro lendario saíu á luz logo de anos de ficar na tebras. Non contento con ter permanecido nas sombras durante un longo tempo e moverse entre os mortais sen que eles visen o que realmente é, Lestat decidiu reinventarse a si mesmo e elixiu unha das figuras máis populares na terra: unha estrela de rock.

 

 

 

VER FILME

 

VER FILME (PORTUGUÉS)

 

BAIXAR FILME

 

 

 

NIGHT OF THE LIVING DEAD (1968)

A NOITE DOS MORTOS VIVENTES

 

Ben (Duane Jones) e Barbara (Judith O'Dea) son os protagonistas dunha historia sobre a reanimación misteriosa de individuos recentemente mortos, e os seus esforzos, xunto a outras cinco persoas, para sobreviveren á noite estando presos nunha casa de rural do estado de Pensilvania.

 

VER FILME (V.O.S.P.)

 

 

CLOSER (2004)

 

Unha historia de paixóns, sexo, amor e abandono que involucra dúas parellas, cunha situación que se complica cando o home da primeira parella coñece a muller da segunda parella. Fala de catro estraños: Anna (Julia Roberts), fotógrafa; Dan (Jude Law), aspirante a novelista; Alice (Natalie Portman), stripper; e Larry (Clive Owen) , dermatólogo, dos seus encontros casuais, das súas atraccións repentinas e das súas traizóns ocasionais.

 

VER FILME (PORTUGUÉS)

 

VER FILME


 

BAIXAR FILME

 ´

 

 

ILEGAL (2002)

 

Dous reporteiros queren facer o traballo das súas vidas: descubrir a mafia que transporta inmigrantes de África a Europa de xeito ilegal, coa intención de denunciar o drama que agocha a inmigración e a proliferación de redes clandestinas e criminais de tráfico de persoas.

 

 

 

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

ST. TRINIAN´S (2007)

O INTERNADO DE SAINT TRINIAN


Saint Trinian, unha escola especial para rapazas novas, está en crise financeira. O banco está ameazando con fechar a escola e Camilla Fritton (Rupert Everett), a directora, vai ter que loitar contra o ministro da Educación Geoffrey Thwaits (Colin Firth), que quere impor un pouco de disciplina neste anárquico sistema de ensino. Mais Saint Trinian posue mozas espertas, determinadas e sen medo de defender a escola con uñas e dentes.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

THE BURNING HILLS (1956)

OUTEIROS ARDENTES

 

Trace Jordan traballa como coidador de gando para Sutton, un propietario de numerosas reses. Unha tarde encontra ao seu irmán Johnny morto, cun disparo nas costas. Cando descobre que foi asasinado vai falar con Sutton, pero este saca un revolver da mesa, pero Jordan mátao antes de que poida dispararlle. Un dos homes de Sutton dispáralle e déixao ferido, pero Jordan foxe e refúxiase nunha antiga mina, onde Marie, unha mestiza, o atopa. Jordan decide intentar chegar ao forte para denunciar os feitos.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

VENGEANCE VALLEY (1951)

O VAL DA VINGANZA

 

Lee Strobie éche un rapaz que sempre estivo metido en liortas e leas, e dependeu de Owen, o capataz do rancho dos deus pais, para sacalo de calquera problema. Pero esta vez o raparigo chegou lonxe demáis cando permitiu que culpasen ao bo de Owen de ter un fillo ilexítimo que era seu. Os irmáns da nai perseguiran a Owen co fin de facerlle pagar polo seu acto irresponsábel.

 

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

YOU´VE GOT MAIL (1988)

TES UN CORREO

 

Dono dunha poderosa cadea de librarias (Tom Hanks), quere acabar cun pequeno negocio rexentado por unha idealista moza (Meg Ryan).

Eles teñen as súas parellas correspondentes. Porén, estanse namorando, a pesares de que non se coñecen persoalmente. Levan intercambiando mensaxes nos seus ordenadores como para comezar a ter problemas coas súas respectivas parellas.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME