Engalecine

Páxina 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,

         13,14

 


 

 

A BIBLIOTECA DA IGUANA (2005) 

 

Andrés é un profesor universitario especializado en Lingüística que descobre unha grande anomalía nunha novela que adquiriu para matar o tempo durante un voo. O que empeza como unha errata converterase no descubrimento dunha trama de manipulación mediática. Unha longametraxe galega dirixida por Antón Dobao, con guión do propio Antón Dobao e Miguelanxo Prado.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

PARRANDA (1977)

A ESMORGA

 

Interesante película de Gonzalo Suárez, unha viaxe á España profunda de posguerra, un esperpéntico conto macabro, historia dunha morte anunciada. Conta a historia de Cibrán, un traballador dos altos fornos asturianos, está detido no cuartel da Garda Civil polos desastres causados nun día de parranda, xunto a dous amigos, o Bocas e o Milhomes. O que empeza sendo unha esmorga máis, convértese nun delirio de violencia, alcol e sexo.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

CONCEPCIÓN ARENAL, LA VISITADORA DE CÁRCELES (2012)

CONCEPCIÓN ARENAL, A VISITADORA DE CÁRCERES


A mediados do século XIX a avogada e escritora Concepción Areal traballou como visitadora de cárceres na prisión de mulleres daCoruña, o que daría froito a algunhas das súas obras clave. Os seus escritos servirían de base para a reforma do sistema penitenciario en España. "Odia el delito y compadece al delincuente"; esta cita dela permaneceu gravada durante anos de xeito obrigatorio nas prisións españolas.

 

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

CROCODILE DUNDEE IN LOS ANGELES (2001)

CROCODILO DUNDEE NOS ÁNXELES

 

Crocodilo Dundee (Paul Hogan) vive actualmente coa súa encantadora esposa Sue (Linda Kozlowski) e o seu fillo, teñen unha vida tranquila e apratacíbel que axiña se verá truncado cando o pai de Sue lle pide encarecidamente que se trasladen a Los Angeles para que esta se faga cargo da dirección do xornal do seu pai. Unha vez instalados en Los Angeles a familia terá que enfrontarse a un novo misterio. O curioso do devandito mistero é que os levará a un coñecido estudo de Hollywood.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

MAR LIBRE (2010)

 

Miniserie galega ambientada no século XVIII. Anxo Estrada (William Miller) é un capitán da Mariña que, tras 15 anos nas Americas, volve á súa cidade natal tras a morte do seu pai, un líder sindical que pagou coa súa vida ao enfrontarse aos métodos de explotación do capitalista catalán Amadeu Curt (José Ángel Egido). Agora Ángel tomará o lugar de liderado do seu pai para loitar contra o seu inimigo, unha loita na que terá unha aliada inesperada: a filla do empresario, Montse Curt (María Vázquez), da que se namorou toliñamente a pesar de estar prometido con outro home, Marcos (Xosé Barato).

 

 

 

VER FILME (P1)

 

VER FILME (P2)


 

BAIXAR FILME

HALF LIGHT (2005)

NAS TEBRAS

 

Rachel Carlson (Demi Moore), unha recoñecida novelista, derrúbase cando o seu fillo de sete anos morre afogado. Tras este feito, a súa vida matrimonial e a capacidade de escribir fica bloqueada pola perda do fillo. Cando a súa mellor amiga, Sharon, consegue alugar unha casa illada na pequena e remota aldea de Ingonish Cove, nos Highlands escoceses, coa esperanza de que Rachel se repoña, a escritora comeza a recibir misteriosas mensaxes do seu fillo morto advertíndoa de que corre un serio perigo.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

SOFIES VERDEN (1999)

O MUNDO DE SOFÍA 

 

Pouco antes de cumprir os quince anos, a moza Sofía recibe unha misteriosa carta anónima, na que só hai escritas unhas inquietantes preguntas: Quen es?, Cal é a orixe do mundo? Este será o punto de partida dunha apaixonante expedición a través da historia da filosofía occidental, que contará como guía co enigmático filósofo Alberto Know. Xuntos percorrerán a través do tempo e do espazo 2.400 anos de historia. Nesta peculiar travesía coñecerán os pensadores máis famosos de cada época.

 

VER FILME (V.O.S)

 

VER FILME 1 (V.O.S.P.)

 

VER FILME 2 (V.O.S.P.)

 

EL NIÑO DE BARRO (2007)

O NENO DE BARRO


Filme baseado en feitos reais ocorridos na cidade de Bos Aires no 1912.  Unha serie de brutais asasinatos de menores esténdese pola cidade. Mateo (Juan Ciancio), un neno de dez anos, agocha un abraiante segredo: a veces a súa mente condúceo a un escuro lugar da memoria onde é testemuña dos asasinatos. Ó descubrirse o seu segredo, moitos cren que é o homicida.

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

 

V FOR VENDETTA (2005)

V DE VENDETTA

 

O filme narra a historia de Evey, unha moza de clase baixa que é rescatada dunha situación de vida ou morte por un misterioso home con carauta coñecido como V. V é moi complexo, extravagante, tenro e intelectual, que adica a súa vida a liberar ós cidadáns das gadoupas daqueles que someten a través do terror. Pero ó mesmo tempo é solitario e virulento e está obsesionado coa vinganza persoal.

 

VER FILME (PORTUGUÉS)

 

VER FILME


 

BAIXAR FILME

 

 

XUIZO A ROMASANTA (2011)

 

“Xuízo a Romasanta” é unha ficción que amosa a recreación dos xuízos, celebrados en Allariz e A Coruña, contra Manuel Blanco Romasanta, coñecido como o Home Lobo e considerado o primeiro asasino en serie da historia de España e o caso de licantropía máis famoso dos documentados na historia de Galicia. Ao redor de 1853 O Lobishome foi xulgado e condenado a cadea perpetua pola morte de polo menos nove persoas.    

 

 

VER FILME

 

VER FILME