Engalecine

Páxina 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,

         13,14


100 GIRLS (2000)

100 MOZAS

 

Matthew coñece a rapaza dos seus soños nun ascensor cando un día se foi a luz e quedou atrapado. Alí fai o amor con algunha moza.Matthew namorouse tolamente da muller, pero non conseguiu verlle a faciana. O único que sabe dela é que vive nunha residencia con outras 99 rapazas. Busca por ela na residencia de mulleres. Podería ser Wendy, a veciña, Dora, a rapaza baixiñaPatty, a promiscua,Cynthia a figureira ou calquera das 96 rapazas restantes.... Será quen de atopar ao amor da súa vida?

 

BAIXAR FILME

 

 

LE BOULET (2012)

A ANDRÓMENA


Comedia de acción, leas e puñazos de comicidade non axeitada para almas sensíbeis. Tras unha redada, o perigoso Moltes é detido pola policía. Unha vez no cárcere, coñece un celador ao que lle entrega un bonoloto para selar.

 

 

BAIXAR FILME

 

THE BUCKET LIST (2007)

AGORA OU NUNCA

 

Dous enfermos terminais de cancro, de carácteres e mundos completamente opostos, inician unha amizade. Edward Cole (Jack Nicholson) é un fachendoso millonario mentres que Carter Chambers (Morgan Freeman) é un modesto mecánico. A pesar de todo, deciden emprender xuntos unha última viaxe para poder facer, antes de morrer, todas as cousas que sempre desexaron.

 

BAIXAR FILME

 

 

COCO AVANT CHANEL (2009)

COCO, DA REBELDÍA Á LENDA DE CHANEL

 

Céntrase nos anos de aprendizaxe da gran deseñadora de moda e demostra como unha moza dunha familia moi modesta, autodidacta pero dotada dunha personalidade excepcional, chega a ser un símbolo de éxito e liberdade, creando a imaxe da muller moderna logo de habelo sido ela mesma.

 

BAIXAR FILME

 

 

CONAN THE BARBARIAN (1982)

CONAN O BÁRBARO

 

Un neno que pertence a unha tribo primitiva grava na súa memoria as facianas dos guerreiros que exterminaron á súa familia e a el vendérono a uns mercadores de escravos. Anos despois, o mozo converteuse nun forzudo e valente guerreiro que vai loitar para vingar a súa tribo.

 

VER FILME (V.O.S.P.)

 

VER FILME (PORTUGUÉS)

RUMOR HAS IT ... (2006)

CORRE O RUMOR

 

Sara Huttinger (Jennifer Aniston), unha moza a piques de casar, regresa á súa cidade natal, en California, para pescudar a verdade sobre un segredo familiar. Ao parecer, tanto o libro como a película "O Graduado" están inspirados na súa avoa e na súa nai. Pero iso non é o peor: aos poucos Sara sentirase atraída polo maduro galán (Kevin Costner) que se deitou xa con varias xeracións de mulleres da súa familia.

 

BAIXAR FILME

 

BLOOD WORK (2002)

DÉBEDA DE SANGUE


O axente apousentado Terry McCaleb (Clint Eastwood) estábase recuperando dun transplante de corazón cando foi contratado por Graciela Rivers (Wanda De Jesus) para investigar a morte da súa irmá, Gloria. A moza, vítima dun asasinato misterioso, foi a doadora do corazón recibido por McCaleb. Durante as investigacións, o ex-axente reúne pistas que indican que o posíbel asasino de Gloria é, en realidade, un asasino en serie que McCaleb viña procurando hai anos no FBI.

 

 

BAIXAR FILME

 

DOENTES (2011)


O desmantelamento do vello Hospital Real para transformalo nun hotel de luxo enche as rúas de Santiago de Compostela de enfermos, peregrinos perpetuos e pobres. Acontece que a noite é negra, como o futuro, e vólvese longa. Así, unha noite de apracíbel vagabundeo convértese nunha tola carreira pola supervivencia de dous estraños unidos pola dor que, non podendo cambiar o mundo, por moito que o intentan, loitan, polo menos, e con todas as súas forzas, por chegar a velo, outra vez, mañá.

 

BAIXAR FILME

 

JONAH HEX (2010)

 

No salvaxe oeste, Jonah Hex (Josh Brolin) é coñecido por ter unha cicatriz na parte dereita do seu rostro e vestir un uniforme do exército confederado. Foi vendido aos Apalaches polo seu pai e tivo que facerse a si mesmo nun mundo tan duro como era o afastado Oeste sendo pistoleiro e caza recompensas nalgúns momentos da súa vida. O seu único contacto coa xente é a través da bela Lilah (Megan Fox).

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

SIEMPRE HABANA (2006)

SEMPRE HABANA

 

Ignacio e Tomasiño, tío e sobriño, que viven no pazo familiar, entéranse de que o avó lle deixara o pazo e as terras á Luz Divina, unha curmá cubana de Ignacio. Argallan un plan para recuperar as propiedades, pero as cousas non saen como esperaban. Convidan á curmá a Galicia, facéndolle crer que son terratenentes, nobres e benefactores. Finalmente, eles viaxan á Habana coa desculpa de levarlle as cinzas do avó. Pola súa parte, Luz Divina fixéralles crer non só que é catedrática na Universidade da Habana.

 

 

BAIXAR FILME