Engalecine

GALICIA Y BUENOS AIRES

Mostra a agricultura, a gandeiría e a feira de Ponteareas, a romería da Ascensión e a inauguración do local sindical. Película feita para a Sociedad Progresista Hijos de Fornelos y Anexos (Bos Aires) cando a República acababa de chegar, pretende amosar en América as paisaxes e formas de vida galegas.

 


NATUREZA GALEGA. A AUGA DOCE

 

Vídeo de curta duración que mostra a importancia de manter limpas as augas doces, sen contaminación, porque a auga é necesaria para todos os seres vivos


NATUREZA GALEGA. O BOSQUE GALEGO 

 

Documental curto que destaca a importancia do bosque na Comunidade Autónoma Galega, España. Móstranse algunhas especies representativas destes ecosistemas e os principais problemas que o poñen en perigo.


O CARRO E O HOME

Filme realizado en 1941 na comarca orensá de Lobeira no que se relata a vida do carro. Este documental foi montado en 1980 ca colaboración de Xoaquín Lorenzo e o Museo do Pobo Galego por iniciativa de Eloy Lozano e Carlos Serrano de Osma.


OS TRANVIAS DA CORUÑA

Un documental sobre os tranvía da cidade da Coruña, o máis antigo documental galego que se conserva, datado en 1926.

 

 


OS IRMANDIÑOS: AS ORIXES E O FINAL

Unha entrevista ao medievalista e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Carlos Barros sobre os Irmandiños.

 

 


ASOREY

Neste documental faise un percorrido pola vida e a obra do escultor, considerado por algúns críticos como unha das figuras máis relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX.

 

 


ARTEIXO

Documental promocional sobre a vila coruñesa de Arteixo, sobre a súa historia e as características específicas da mesma.

 

 


CARBALLO . A VIDA DO MERCADO

 

Un percorrido pola mercado da cidade coruñesa de Carballo. Un programa da TVG, onde vendedores e compradores falan da súa vida.


CINE CLUBE CARLOS VARELA

 

Carlos percorreu Galiza detrás da súa cámara para facer a crónica do movemento nacional-popular galego, mais deixou tamén unha estela exemplar no eido da fotografía, na cerámica, no debuxo, no deseño gráfico, ...


DO OUTRO LADO DO RIO

 

Un documental de Carlos Mendes Pereira sobre os cursos de língua portuguesa para galegos, un proxecto piloto de interación de galegos na cidade de Oporto