Engalecine

 

ADIANTE

 

RECUAR

 

ALICIA NO PAIS DAS MARABILLAS - QUE LLE PASA A SOMBREREIRO

 

Alicia, nena fantasiosa e inqueda, mergúllase no abraiante País das Marabillas ao seguir a un coello branco a través dun furado, onde coñece a extraordinarios personaxes como Tweedledee e Tweedledum, o Sombrereiro Tolo ou A Raíña de Corazóns.

 

VER FILME

 

ASTÉRIX E OBÉLIX - AS DOCE PROBAS

 

Julio César, canso de que un puñado de aldeáns tolos esmague unha e outra vez ás súas lexións, trasládase á Armórica para facer unha oferta aos habitantes do poboado: se son capaces de superar doce probas inspiradas nos doce traballos de Hércules, César entenderá que son deuses e declararase vencido; pero se fallan nunha soa das probas, deberán someterse ás leis de Roma.

 

 

 

VER FILME

ASTÉRIX E OBÉLIX - ASTERIX E CLEOPATRA

 

Cleopatra quere demostrar a Julio César que os exipcios son capaces de construír mellor que os romanos e para iso, encarga a Numerobis, o arquitecto, que proxecte un pazo e o constrúa no prazo de tres meses. Numerobis séntese incapaz de facelo, polo que pide axuda ao seu amigo o druída Panorámix. Este parte cara a Alexandría en busca do seu amigo, e faino acompañado por Astérix e Obélix. Xuntos sortearán unha morea de perigos. 

 

VER FILME

CRISTOVO MOLÓN

 

Guapiño e feitiño, como o seu propio nome nos indíca, Molón ten gran facilidade para caer simpático e utiliza isto como recurso comercial, aínda que en realidade é un farsante miserábel.
Na súa vida privada, non lle interesa caer ben a ninguén. Está pelexado co mundo. Para el, todo ser pensante é un pardal, susceptíbel e merecedor de ser enganado. Aínda que, ao mesmo tempo, os seus bos sentimentos afloran en momentos puntuais.

 

VER FILME

DORAEMON - E O MISTERIO DAS NUBES

 

Doraemon lánzase a unha aventura para salvar a Terra dunha terríbel ameaza. Doraemon utiliza os seus inventos para xerar, xunto a Nobita, o seu propio mundo no ceo. Durante a súa viaxe na nube atópanse uns seres extraterrestres que pretenden destruír a civilización para escaramonar aos humanos pola súa falla de compromiso co medio. Terán que buscar aliados e convencer aos habitantes das nubes de que na Terra tamén hai xente que loita pola natureza.

 

VER FILME

GLUP UNHA AVENTURA SEN DESPERDICIO

 

"Comprar, usar e tirar"; esta é a máxima dun mundo no que os obxectos non duran máis do que canta un galo. As tendas baléiranse e os vertedoiros énchense. Alicia é testemuña de primeira man deste lamentábel fenómeno, xa que os seus pais, se desprenden despreocupadamente de cousas con só uns poucos meses de "vida". Pero non todo está perdido mentres haxa xente como Tomás, un vello chatarreiro amigo de Alicia, quen a inicia na valiosa arte da reciclaxe. 

 

 VER FILME


 

O BOSQUE ANIMADO

 

No bosque conviven en paz animais e árbores, cando aparece un novo e estraño veciño: o poste. Cando a harmonía do entorno é alterada pola man do home, os moradores do monte loitarán para recuperala. Esta foi a primeira longametraxe con animación 3D feita na Europa.

 

 

 

 

VER FILME

 

ESPIRITO DO BOSQUE

 

A Sra. D’Abondo trama un terrible plan xunto cun poderoso home de negocios sen escrúpulos. Todas as árbores do monte atoparánse en perigo de morte. Furi, Linda e Cebolo, que acabou de chegar, e mais Piorno, o rato do pazo, arriscaranse para salvaren o seu fogar. Moitos serán os seus aliados, co que non contan é con alguén que lles axudará, e que resulta ser... fantasmagórico.

 

 

VER FILME

 

O PRINCIPE E O MENDIGO - DOBRE TRABALLO

 

Unha volta estraña de acontecementos uniu a Tom Canty, pobre, e a súa Alteza Real, o Príncipe Edward por primeira vez, Sorprendidos ambos polo seu extraordinario parecido, deciden trocar non só as súas roupas, senón tamén as súas vidas. O verdadeiro príncipe é expulsado do castelo e vese obrigado a vivir da mendicidade e, mentres tanto, o pobre vive como un rei.

 

 

VER FILME

 

OS TRES MOSQUETEIROS - A SALVAR A COROA

 

Atos, Portos, Aramis e o seu amigo D'Artagnan arriscarán as súas vidas para salvar a coroa de Francia do malvado cardeal Richelieu, quen xunto a Fopbio pretenden usurpar o poder do Rei Luís. Unha morea de trabas serán postas no seu camiño para que non acaden a súa meta. 

 

 

VER FILME

 


 

 

UN CONTO DE NADAL

 

 

Ao señor Ebenezer Scrooge, empresario ruín, usureiro e avarento que odia o nadal, visítano tres pantasmas, o dos nadais pasados, o do presente e o do futuro. Eles vanlle mostrar a realidade que el non ve.

 

 

 VER FILME