Engalecine

Páxina 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,

         13,14


FLAGS OF OUR FATHERS (2006)

BANDEIRAS DOS NOSOS PAIS

 

A batalla de Iwo Jima (1945), o episodio máis cruento da guerra do Pacífico, quedou inmortalizada na foto duns soldados que izaban unha bandeira norteamericana. O obxectivo desta batalla era a toma dun illote insignificante, pero de gran valor estratéxico. Na contenda caeron máis de 20.000 xaponeses e 7.000 estadounidenses. Mentres tanto, nos Estados Unidos a célebre foto foi un instrumento propagandístico para acadar fondos que permitisen seguir sufragando os gastos da guerra.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

DRÁCULA - BRAM STOKER (1992)

 

No ano 1890, o novo avogado Jonathan Harker viaxa a un castelo perdido de Transilvania, onde coñece ao conde Drácula, que en 1462 perdeu ao seu amor Elisabeta. O Conde, fascinado por unha fotografía de Mina Murray, a noiva de Harker, que o recorda ao seuElisabeta, viaxa ata Londres "cruzando océanos de tempo" para coñecela. Xa en Inglaterra, intentará conquistar e seducir a Lucy, a mellor amiga de Mina.


 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

DUMA (2005)

 

A historia acontece en Sudáfrica. Xan (Alex Michaeletos) e os seus pais (Campbell Scott e Hope Davis) viven nun rancho. Un día, descobren unha cría de guepardo cuxa nai foi morta polos leóns. Sen ninguén que protexa á criatura, Xan e a súa familia fanse cargo do pequeno felino. Así, deciden nomealo Duma, facéndoo parte da familia. Pero cando Duma está case completamente crecido, Peter decide que será mellor levalo ao seu hábitat natural antes de que sexa demasiado maior para afacerse.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

 EMILIA PARDO BAZÁN - A CONDESA REBELDE (2011)

 

Emilia Pardo Bazán tivo unha vida chamativa. Amante do literato Benito Pérez Galdós, gozou da amizade de Víctor Hugo, de Unamuno e de Clarín, entre outros soados escritores. Pioneira en moitas facetas, foi a primeira muller en España que desenvolveu unha cátedra universitaria, a primeira xornalista profesional da península, ideóloga do feminismo decimonónico e autora de novelas, libros de viaxes, biografías e preto de mil ensaios, artigos e crónicas en prensa española e internacional. 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

ENTRE BATEAS (2001)

 

Mario, fillo dunha humilde familia, entra no mundo do contrabando de tabaco con apenas 15 anos, levado pola difícil situación económica na la que se atopan él e a súa nai trala morte do seu pai. Faino xunto a Sego, o seu amigo da infancia.

Neste turbulento mundo, a vida sentimental do protagonista veráse afectada, provocando tensións e distanciamientos. Esto levará á súa muller, Isabel, a tomar difíciles decisións que pesarán gravemente sobre o que ata o momento era a súa vida e a súa familia.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

THE HAUNTING IN CONNECTICUT (2009)

EXORCISMO EN CONNECTICUT

 

A familia Campbell múdase a unha impresionante casa vitoriana en Connecticut sen saber nada do seu terríbel pasado: non só foi unha funeraria onde acaeceron acontecementos inconcibibles, senón que o fillo do propietario, Jonah, foi utilizado como mensaxeiro satánico e como portal para que os espíritos malignos chegasen ao noso mundo.

 

 

VER  FILME

 

BAIXAR FILME

LIVE FROM BAGHDAD (2002)

FOGO SOBRE BAGDAD

 

Dous de agosto de 1990, as tropas iraquís invaden Kuwayt. En Atlanta (Estados Unidos), Robert Wiener (Keaton), produtor da CNN, convence o seu xefe para que o envíe a cubrir o conflito e desprázase a Bagdad co seu equipo, do que forma parte o seu colega Ingrid Formanek (Bonham Carter). Os homes de Wiener terán que afrontar mil obstáculos (loxísticos, técnicos e políticos) para informar e retransmitir en directo os bombardeos de Bagdad.

 

VER FILME  

 

BAIXAR FILME

GREYSTOKE, THE LEGEND OF TARZAN, LORD OF THE APES (1984)

GREYSTOKE, A LENDA DE TARZAN, O REI DOS MONOS

 

Un matrimonio atópase abandonado na selva africana. A muller está embarazada e pronto dá a luz un neno. Pouco despois, un grupo de monos corren pola cabana que os pais construíron; entran en pánico e morren. Unha femia de mono faise cargo do bebé, en substitución da súa cría que tamén morreu. Vinte anos máis tarde o capitán belga Phillipe D'Arnot (Ian Holm) descobre ao home (Christopher Lambert).

 

 

VER FILME  

 

BAIXAR FILME

HOOK (1992)

HOOK, O CAPITÁN GARFO

 

A pesar de ser un avogado de éxito  e de ter unha encantadora familia, Peter Banning perdeu o contacto con algo marabilloso, a súa propia infancia. Cando os seus fillos son secuestrados por un antigo inimigo e levado ao País de Nunca Xamáis, tamén ten que viaxar a ese reino encantado. Só dese xeito pode recuperar aos seus e tamén ao neno que un día oiI. Alí vivirá abraiantes, engaiolantes e divertidas aventuras.

 

VER FILME  

 

BAIXAR FILME

MEMOIRS OF A GEISHA (2005)

MEMORIAS DUNHA GUEIXA

V.O.S.

 

Chiyo (Suzuka Ohgo) foi vendida a unha casa de gueixas cando aínda era unha nena, no 1929, onde é maltratada polos donos e por Hatsumomo (Gong Li), unha gueixa que ten envexa da sua beleza. Acollida por Mameha (Michelle Yeoh), a principal rival de Hatsumomo, Chiyo ao crecer convértese na gueixa Sayuri (Zhang Ziyi). Recoñecida, ela pasa a disfrutar dunha sociedade repleta de riquezas e privilexios até que a 2ª Guerra Mundial modifica radicalmente a súa realidade no Xapón.

 

VER FILME (V.O.S.P.) 

 

BAIXAR FILME