Engalecine

Páxina 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,

         13,14


QUEST FOR FIRE (1981)

A GUERRA DO LUME

 

En busca do lume ten lugar a uns oitenta mil anos no pasado. Unha tribo de homo sapiens primitivo apíñase ao redor dunha fonte natural de incendios para a comodidade e a supervivencia. Cando esa fonte se apaga, as tribos de NaOH (Everett McGill), Amoukar (Ron Perlman) e Gaw (Nameer El-Kadi) son enviados nunha "busca do lume". Despois de varios días de vagar, os tres atópanse cunha tribo caníbal que sabe como producir lume, e no proceso de levarse o seu lume salvan unha rapaza nova, Ika (Rae Dawn Chong) coa esperanza de que ela vai revelar o segredo.

 

VER FILME

 

LA LENGUA DE LAS MARIPOSAS (1999)

A LINGUA DAS BOLBORETAS

 

Narra a cotianidade na Galicia rural de 1936. Moncho incorpórase á escola con certo medo, pero Don Gregorio non é un mestre severo, senón preocupado porque os seus alumnos adquiran coñecementos e valores. Simpatizante da Segunda República Española, o alzamento militar do 18 de xullo altera a vida no pobo, que transcorrerá marcada polo inicio da Guerra Civil.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

BARABBA (1961)

BARRABÁS

 

Barrabás é un personaxe misterioso, citado breve e exclusivamente no Novo Testamento. El sería un criminal condeado á morte pola xustiza romana, que acaba ceibe por vontade do populacho xudeo.

O escritor sueco, Pär Lagerkvist creou unha obra de ficción onde Barrabás pasa por varias situacións críticas, sexa como escravo-mineiro ou como gladiador, e a lembranza de Xesús parece perseguilo todo o que lle resta de vida.

 

VER FILME (V.O.S.P.)

CHASING LIBERTY (2004)

 

Anna Foster (Mandy Moore) é unha moza nova, filla do presidente dos Estados Unidos, James Foster (Mark Harmon), que só quere liberdade para vivir acorde coa súa idade.

Todo o mundo trata de protexela de calquera perigo, incluíndo o das primeiras citas. Durante unha viaxe diplómatico por Europa cos seus pais, Anna decide facer unha pequena escapada.

No seu camiño tópase con Ben (Matthew Goode), un mozo que, sen coñecer a verdadeira identidade desta, préstase a acompañala na súa pequena aventura.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

THE INVASION (2007)

INVASIÓN

 

Remake de "A Invasión dos Ultracorpos" na que unha misteriosa epidemia altera o comportamento das persoas e unha psiquiatra de Washington (Kidman) descobre que a orixe é extraterrestre.
Ela tratará de protexer ao seu fillo, quen é a chave para deter a invasión.

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

CITY LIGHTS (1931)

LUCES DA CIDADE

 

Unha tenra historia de amor protagonizada por ChaplinInicia un romance con unha pobre florista cega (Virxinia Cherrill), quen o toma por un millonario. Cando descobre que van embargar a casa da rapaza se non reúne diñeiro abondo, proba sorte en diferentes traballos para evitar este feito. Este pobre vagabundo (Charles Chaplin) pasa mil e un avatares para conseguir diñeiro e poder axudar á pobre pequena cega da que se namorou

 

VER FILME (V.O.S.P.)

 

RING AROUND THE ROSIE (2006)

  MÁIS ALÓ DO MEDO  


Cumprindo a última vontade da súa avoa, Karen (Gina Philips) viaxa ata a casa familiar na que creceu, agora unha mansión illada e en ruínas, para vendela. Pero axiña se decata na casa de que non está soa: nunha cabana xunto ás cortes, vive Pierce (Tom Sizemore) un guardés estraño e misterioso.  De súpeto, Karen encóntrase atrapada nunha casa que encarna os seus medos máis profundos que a obrigarán a cruzar a liña entre os malos recordos e a mortal realidade.

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

THE WONDERFUL COUNTRY (1959)

MÁIS ALÓ DO RIO GRANDE

 

Despois de matar ao home que asasinara ao seu pai, Martin Brady foxe de Estados Unidos e establécese en México, onde traballa como pistoleiro ao servizo do político Cipriano Castro. O seu patrón encoméndalle a misión de cruzar o Río Grande ata Porto (Texas) para comprar armas, pero fractura unha perna, ao caer do cabalo, o que lle impide regresar coa mercadoría. Durante a súa convalecencia preséntaselle a oportunidade de empezar unha nova vida no seu país natal.

 

 

 

BAIXAR FILME

 

NIGHTS IN RODANTHE (2008)

NOITES DE TREBOADA

 

Adrienne Willis (Diane Lane) é unha muller cunha vida somerxida no caos, polo que decide pasar uns días na pequena localidade costeira de  Rodanthe co motivo de facerse cargo do hotel da súa amiga Jean (Viola Davis). O seu marido infiel quere volver á casa e a súa filla Amanda (Mae Whitman) cuestiona  tódalas súas decisións.

O Dr. Paul Flanner (Richard Gere) chega xusto antes de que unha treboada faga a súa aparición na vila.

 

 

VER FILME (PORTUGUÉS)

 

VER FILME


 

BAIXAR FILME

 

LOS MUERTOS VAN DEPRISA (2008)

OS MORTOS VAN ÁS PRÉSAS

 

Comedia coral e costumista con toques máxicos protagonizada por tres parellas de xeracións diferentes con relacións encontradas. A historia arranca coa morte dun nonaxenario na vila de Fariño do Mar, unha vila mariñeira galega. O día que van a soterrar ao patrón maior da cofradía de mariscadores, debido a unha serie de feitos desafortunados, as vellas liortas e diferenzas entre uns e outros acentuaranse enredando a, ata entón, tranquila vila.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

I AM LEGEND (2007)

SON LENDA

 

Robert Neville é un científico brillante, pero mesmo el non poderá conter o terrÍbel virus creado polo home. Neville convértese no único ser humano da cidade de Nova York. Está rodeado por "os infectados", os cales só poden existir na escuridade devorando ou infectando a todo o que se cruce no seu camiño. Durante tres anos, Neville e mais o seu can pasaron os seus días procurando comida e subministracións, e enviando puntualmente mensaxes por radio para atopar máis supervivintes. Neville sabe que o inimigo o supera e que o tempo se lle vai esgotar axiña. 

 

VER FILME

 

VER FILME


 

VER FILME (PORTUGUÉS) 

 

BAIXAR FILME