Engalecine

Páxina 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,

         13,14


CHARLIE AND THE CHOCOLATE FACTORY (2005)

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE

 

Charlie Bucket vive nunha casa cun único cuarto, cos seus pais e catro avós. Charlie é un rapaciño xentil, meigo e tamén responsábel. Preto da súa casa está localizada a maior fábrica de chocolate do Sr. Willy Wonka, o maior e máis inventivo produtor de chocolate, que produce todos os tipos de deliciosas lambetadas. Por culpa da espionaxe industrial, que case levou a fábrica do Sr. Wonka a quebra, este pechou a súa fábrica para o público e agora produce soamente con misteriosos empregados, que viven alá dentro.

 

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

 

EL AÑO DE LA GARRAPATA (2004)

O ANO DA CARRACHA


A película transcorre na cidade de Lugo,  onde Fran acaba de finalizar os seus estudos de veterinaria e, aconsellado polo seu amigo Morgan,  un pouco maior que el,  intentará levar unha vida parasitaria a custa dos seus pais, algo ao que Morgan está bastante afeito. Nesta aprendizaxe, Fran estará rodeado da súa noiva, amigos e familiares.

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

 

 

THE LONGEST YARD (2005)

O CLAN DOS PARTEÓSOS

 

Paul Crewe, un xogador de fútbol americano, e Nate Scarboro, adestrador e antigo campión, atópanse cumprindo cadea no mesmo cárcere. Xuntos deciden formar un equipo que xogue contra outro equipo formado polos gardas da prisión.

 

VER FILME (PORTUGUÉS)

 

VER FILME


 

BAIXAR FILME

 

THE BONE COLLECTOR (1999)

O COLECCIONISTA DE ÓSOS

 

Un psicópata vai sementando cadáveres ao seu paso, pero acompañados dunhas pistas que só Lincoln Rhyme (Denzel Washington) pode descifrar. Lincoln é un axente de homicidios que quedou tetrapléxico mentres resolvía un crime. A novata policía, Amelia Donaghy (Angelina Jolie), é a encargada de inspeccionar os escenarios do crime, e a partir dos seus informes, Lincoln vai descifrando as pìstas que deixa o asasino.

 

VER FILME (PORTUGUÉS)

 

VER FILME


 

BAIXAR FILME

 

THE GREAT DICTATOR (1939)

O GRAN DITADOR

 

Ó final da Primeira Guerra Mundial, un soldado do exército de Tomania, ó salvar a vida do oficial Schultz no seu avión, sofre un accidente e perde a memoria, restando nun hospital por 20 anos. Cando, aínda amnésico, escapa do hospital, regresa á súa cidade, onde abre de novo a súa antiga barbería situada no Ghetto. O país é gobernado polo ditador Adenoid Hynkel, e hai unha brutal discriminación contra o pobo xudeu.

 

VER FILME (V.O.S.P.)

 

EL LAPIZ DEL CARPINTERO (2003)

O LAPIS DO CARPINTEIRO


Conta a historia de amor de Marisa Mallo, filla dun reaccionario oportunista, e Daniel Da Barca, un médico novo apresado ao estourar a Guerra Civil polas súas ideas republicanas. Na prisión, Daniel intenta preservar a súa liberdade gracias ao poder da palabra e á imaxinación, mentres, fóra do cárcere, Marisa loita por recuperar a Daniel para fugarse con el a esoutra prisión da guerra que é o esquecemento.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

THE GENERAL (1927)

O MAQUNISTA DA GENERAL

 

Baseada segundo parece nun feito real, o filme narra os avatares que ten que pasar o mozo Johnny Gray para rescatar a súa locomotora capturada polo inimigo durante a Guerra de Secesión e de paso converterse nun heroe, e gañarse o respecto dos seus concidadáns e o amor da súa noiva –a segunda cousa que máis quería no mundo despois da súa General- que o tiña por un covarde.

 

VER FILME

 

THE ROOKIE (1990)

O PRINCIPIANTE

 

Pulovski (Eastwood) é un policía veterano e moi temperamental. David Ackerman (Charlie Sheen) é, pola contra, un policía novato e inseguro. A pesar das súas diferenzas, ambos os dous deben traballar xuntos para atrapar aos asasinos dun colega de Pulovski, que pertencen a unha poderosa banda que se adica a roubar coches de luxo para vendelos de novo.

 

BAIXAR FILME

 

EL JUEGO DE LA VERDAD (2004)

O XOGO DA VERDADE


Alberto (Oscar Jaenada) e Susana (Natalia Verbeke) son a parella perfecta. Ernesto (Tristán Ulloa) e Lea (María Esteve) son os seus mellores amigos pero a eles as cousas non lles van tan ben. Unha vida sen plans de futuro e á sombra dos seus triunfadores amigos.
Todo cambia cando un erro médico fai crer a Ernesto que lle quedan tres meses de vida ao sufrir un tumor incurábel.

 

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME