Engalecine

Páxina 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,

         13,14

 


HARRY POTTER AND THE SORCERER´S STONE (1999) 

HARRY POTTER E A PEDRA FILOSOFAL

 

Harry Potter é un neno que vivía co seu idesexábel tío Vernon e súa tía Petunia e o curmá malcriado e tragón Dudley. A inminente chegada do seu undécimo aniversario, non supón para Harry ningunha emoción, como de costume hai poucas posibilidades de recibir un agasallo. Porén, este ano é diferente, vaise enterar que é fillo de dous poderosos magos e que posúe poderes máxicos únicos. Convidado a asistir ó colexio Hogwarts de maxia e feiticería. Alí atopa o fogar e a familia que nunca tivera.

 

 

VER FILME (PORTUGUÉS)

 

VER FILME


 

BAIXAR FILME

 

 

THE UNTOUCHABLES (1987)

OS INTOCABLES DE ELIOT NESS

 

Este filme narra a historia do axente federal Eliot Ness (Kevin Costner)  no Chicago dos anos trinta e a súa implacable persecución do gángster Al Capone (Robert De Niro), o famoso mafioso que asasinaba, extorsionaba e comerciaba ilegalmente con alcol en plena lei seca, sempre ao seu antollo, sen que ninguén encontrase o modo de detelo. Baseada nun feito real.


 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

 

DADDY DAY CARE (2003)

PAPÁ CANGURO

 

Charlie (Eddie Murphy) e Phil (Jeff Garlin) traballan como publicistas nunha empresa de cereais. Tras obter uns resultados negativos nas vendas duns novos cereais con verduras son despedidos. Xa no paro, a Charlie ocórreselle a idea de abrir unha gardaría na súa propia casa.

Unha serie de divertidas vivencias van ocorrer nesta gardería tan particular.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

 

UNACCOMPANIED MINORS (2006)

PERIGO MENORES CEIBOS

 

O filme narra as peripecias dun grupo de nenos e adolescentes que, por unha ou outra razón, viaxarán sós en avión para reunirse coas súas respectivas familias. Lamentábelmente, unha gran tormenta invernal provoca a cancelación de todos os voos, e o grupo de mozos queda en mans das autoridades do aeroporto, representadas polo rosmón Sr. Porter (Lewis Black) e os seus esbirros.

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

THE GUILTY (2000)

PRESUNTO HOMICIDA

 

Callum Crane é un recoñecido avogado a punto de converterse en xuíz cando, debido a desexos carnais motivados polo alcol, fai algo que terá consecuencias desvastadoras: ataca sexualmente á súa preciosa e flamante axudante Sophie. Ela ameázao con contalo todo, e destruír así a súa carreira e a fráxil relación que ten coa súa esposa Natalie. Mentres tanto, Nathan, un novo delincuente de pouca monta, descobre que Crane é o seu verdadeiro pai e decide buscalo. 

 

BAIXAR FILME

LICENSE TO WED (2007)

PERMISO PARA CASAR

 

Sadie Jones (Mandy Moore) sempre desexou casar co home dos seus soños na igrexa familiar. Aínda que atopou o seu compañeiro de por vida Ben Murphy (John Krasinski), Sadie desacóugase ao saber que a igrexa San Agustín, só ten unha data libre durante os vindeiros dous anos, pero despois de revisar o libro de novo, descobren que a voda pode acontecer en tres semanas. Aínda que o excéntrico Reverendo Frank (Robin Williams), non casará á parella, ata que conxuntamente tomen un curso prematrimonial,

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

PER UN PUNGO DI DOLLARI (1964)

POR UN PUÑADO DE DOLARES

 

 

Á vila mexicana de San Miguel, onde reina o caos e a inxustiza, chega Joe, un pistoleiro norteamericano. Hai dúas familias que teñen a exemonía do lugar: os Rojo e os Buster, todos eles son un fato de indesexábeis que se adican á negocios de moralidade dubidosa. Bandidos e foraxidos fan contrabando atravesando o Río Bravo para mercar armas, alcol e outras mercadorías para venderllas aos indios. Joe virá a poñer orde e xustiza despois de presenciar masacres inmorais.  

 

VER FILME (PORTUGUES) Parte 1 

 

BAIXAR FILME

 

 

PRADOLONGO (2008)

 

É a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorarse a súa amizade na medida en que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas. A loita por conservar o rural e a vida no campo, enfróntanse cos intereses económicos e cun éxodo galopante cara a cidade.

Rodada integramente en galego e tivo un éxito moi considerábel.

 

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

PULP FICTION (1994)

 

Pulp Fiction é un filme estadounidense dirixido por Quentin Tarantino, quen coescribiu o guión con Roger Avary. Protagonizado por John TravoltaBruce WillisSamuel LJackson ou Uma Thurman. Debido aos seus eclécticos diálogos, a súa combinación irónica de humor e violencia, e as múltiples referencias cinematográficas á cultura pop, que foron tan utilizadas posteriormente, influíu no xeito de facer cine. É considerada tamén unha das películas máis representativas do cine de Tarantino.

 

VER FILME (Parte 1)

 

VER FILME (Parte 2)


 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

FIRST BLOOD (1982)

RAMBO - ACURRALADO

 

John Rambo (Silvester Stallone), noutro tempo membro das Forzas Especiais e coa Medalla de Honra do Congreso, ten problemas para adaptarse á vida civil e vagabundea por Estados Unidos. Rambo descobre que un dos membros da súa antiga unidade ao que vai visitar morrera de cancro, debido ás exposicións de Axente Laranxa. Após uns días, a policía deteno por vagabundo e asáñase con el. Entón recorda as torturas que sufriu en Vietnan e reacciona violentamente...

 

VER FILME (PORTUGUÉS)

 

VER FILME


 

BAIXAR FILME

 

 

KIT KITTTREDGE:AN AMERICAN GIRL (2008)

SOÑOS DE XORNALISTA

 

Kit Kittredge (Abigail Breslin) soña con poder escribir e publicar os seus textos no xornal local. Ademais de realizar un soño, a nena ve niso o xeito de axudar á súa familia, que non pasa polo seu mellor momento. Kit é unha intelixente e enxeñosa nena de 10 anos que crece nos primeiros anos da Gran Depresión. Fantasiosa, amigábel e decicida, a futura xornalista vivirá unha chea de vivencias e aventuras.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME