Engalecine

Páxina 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,

         13,14


 

ESCAPE FROM LA. (1995)

2013 RESCATE EN LOS ÁNGELES

 

Snake Plissken (Kurt Russell) está de regreso nunha aventura estraña cos aires da serie B e do vello Oeste. O filme é ademais un caldeiro de críticas e ironía que o director Carpenter sempre tendeu a plasmar nos seus traballos. Vemos como Los Ángeles é un antro de seres baleiros e famentos de poder cuxo líder ten un aspecto moi similar ao do Che Guevara. Á vez, o goberno dos Estados Unidos é de corte netamente autoritario, cun presidente demagóxico e ultracatólico.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

 

THE PASSION OF THE CHRIST (2004)

A PAIXÓN DE CRISTO

 

Recrea de xeito cru as derradeiras doce horas na vida de Xesús de Nazaret (James Caviezel), dende o momento no que acode ao monte das oliveiras (Getsemaní) a orar tras a última cea, enfrontándose ás tentacións de Satanás (Rosalinda Celentano). Alí sofre a traizón de Xudas Iscariote (Luca Lionello), sendo arrestado e conducido a Xerusalén para ser xulgado por blasfemia; ata a súa morte na cruz.

 

VER FILME (V.O.S.P.)  

 

 

AS VIÚVAS DO MAR (2004)

 

Cinco viúvas moi diferentes que se erguen, que desenvolven as súas vidas e as rescatan despois de derrubarse o seu mundo perdido no fondo do mar, unidas pola traxedia dun naufraxio onde os seus homes perderan a vida. Na vila mariñeira de Sada, cinco mulleres moi distintas crean xuntas a vida despois do naufraxio na vila de Sada. Filme piloto dunha serie da TVG.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

BLADE RUNNER (1982)

 

A principios do século XXI, a poderosa Tyrell Corporation creou, grazas aos avances da enxeñaría xenética, un robot chamado Nexus 6, idéntico ao home pero superior a el en forza e axilidade, ao que se deu o nome de Replicante. Estes robots traballaban como escravos nas colonias exteriores da Terra. Despois da sanguenta rebelión dun equipo de Nexus-6, os Replicantes foron desterrados da Terra. Brigadas especiais de policía, os Blade Runners, tiñan ordes de matar a todos os que non tivesen acatado a condena.

 

VER FILME

 

VER FILME


 

BAIXAR FILME

   

BLOOD DIAMOND (2006)

DIAMANTE DE SANGUE

 

Este filme conta a Historia sobre o tráfico ilegal de diamantes. En 1999, Serra Leoa vive unha terríbel guerra civil. Un contrabandista (DiCaprio) especializado na venda de pedras preciosas, cuxos beneficios serven para financiar tanto os rebeldes coma o goberno, coñece un pescador nativo (Djimon Hounsou) que enterrou un enorme diamante cando traballaba como escravo para os rebeldes.

 

VER FILME (PORTUGUÉS) 

 

VER FILME


 

BAIXAR FILME

 

 

YES MAN (2008)

DI QUE SI

 

Carl Allen (Jim Carrey) é un home que se apunta a un programa de autoaxuda que se basea no principio de dicir que "si" a calquera cousa... Ao principio, liberando o poder do "si", a vida de Carl transfórmase de forma inesperada e emocionante, pero axiña descobre que iso ten unhas desvantaxes.

 

VER FILME (PORTUGUÉS)

 

VER FILME


 

BAIXAR FILME

 

FOREVER YOUNG (1992)

ETERNAMENTE NOVO

 

Daniel McCormick (Mel Gibson), piloto de probas, é un home ao que todo lle vai ben na vida. Todo cambia unha mañá na que a súa noiva, Helen, ten un desgraciado accidente. Desolado, ofrécese voluntario para un experimento secreto: O corpo de Daniel queda conxelado nunha cápsula experimental. En 1992, máis de cincuenta anos despois, dous nenos descobren a cápsula e desconxelan o corpo, levando a Daniel á casa dun deles, que vive coa súa nai Claire (Jamie Lee Curtis).

 

VER FILME 

 

BAIXAR FILME

 

 

HARRY POTTER AND THE GOBLET OF FIRE (2005) 

HARRY POTTER E O CÁLIZ DE FOGO

 

Durante o cuarto ano, a Marca Escura aparece no ceo despois dun ataque feito por parte dos Devoradores da Morte na Copa do Mundo de Quidditch. Iniciado o curso en Hogwarts, Harry pasa as noites sufrindo pesadelos. Ademais, este ano a escola é a anfitrioa dun lendario evento: o Torneo Tres Meigos. O Torneo remata cun encontro entre Harry e un renacido Voldemort que consegue recuperar a súa forma corpórea.

 

VER FILME Parte 1

 

VER FILME Parte 2


 

VER FILME(PORTUGUÉS)

 

BAIXAR FILME


CHEYENNE AUTUMN (1964)

O GRAN COMBATE

 

Historia baseada nun feito real a finais do século XIX.  Trescentos indios cheyennes vivían de xeito miserábel, lonxe das súas terras, nunha reserva de Oklahoma. Por iso, os seus xefes decidiron emprender unha longa viaxe até as súas praderías natais. Pero a fuxida foi descuberta e a cabalería saíu na súa persecución. No primeiro combate morreron o comandante Braden e oito dos seus homes. Cando se soubo a noticia, milleiros de soldados foron enviados a combater contra os valentes cheyennes.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

EL MISTERIO GALÍNDEZ (2003)

O MISTERIO GALÍNDEZ

 

A cidadá estadounidense, Muriel Colbert, chega a España para traballar na tese doutoral de historia sobre a figura de Xesús Galíndez, un político vasco exiliado nos Estados Unidos trala Guerra Civil española, e desaparecido en extrañas circunstancias en 1956. Muriel contacta cun escritor ancián, quen a pon trala pista das derradeiras persoas que viron a Galíndez con vida. Comeza así, unha investigación que pronto abandona o ámbito académico para pasar ó político.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

 

 

RIO BRAVO (1959)

 

Un representante da lei (John Wayne) dunha cidade pequena no Oeste dos Estados Unidos de América recruta a axuda dun mutilado (Walter Brennan), un borracho (Dean Martin), e un tirador novo (Ricky Nelson) nos seus esforzos por manter no cárcere ao irmán dun maleante da localidade. Un grande filme de Howard Hawks.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME