BLOWN AWAY (1994)
SALTAR POLO AIRE
Boston sofre unha conmoción por unha explosión de tal ferocidade que deixa sen alento mesmo os
membros máis duros da brigada antiexplosivos. Todas as probas apuntan ao terrorista máis temíbel e hábil ao que se enfrontaron nunca. Ao mesmo tempo, Jimmy Dove,
un veterano policía da brigada de artificieiros, exerce como profesor dos mozos que se incorporan ao departamento. Días despois de deixar o posto, o seu substituto é asasinado por unha bomba,
polo que Dove empeza a investigar o sucedido..
VER FILME
BAIXAR FILME
SEMPRE XONXA (1988)
É unha longametraxe dirixida por Chano Piñeiro. Foi a primeira longametraxe galega rodada en 35 mm, e comparte con Urxa de Carlos López Piñeiro e Alfredo García Pinal e con Continental de Xavier Villaverde a honra de ser unha das primeiras longametraxes de ficción en galego.
O guión deste filme tivo o seu primeiro bosquexo a finais de 1985. As localizacións do filme atopounas en Santa Olaia de Valdeorras.
VER FILME
BAIXAR FILME
NO RESERVATIONS (2007)
SEN RESERVAS
Kate Armstrong (Catherine Zeta-Jones), reputada xefa de cociña dun
restaurante de moda en Manhattan, vive a súa vida cunha intensidade que cativa e á vez intimida a xente que a rodea. Pero a natureza perfeccionista
de Kate poñerase a proba cando se ten que facer cargo da súa sobriña de nove anos, Zoe (Abigail
Breslin). Nick Palmer (Aaron Eckhart), alegre e irresponsábel, é completamente distinto de Kate, non obstante a química que se dá entre eles é innegable.
VER FILME
BAIXAR FILME
SINBAD (2011)
Sinbad conta as súas viaxes pasadas, reais ou non, aos seus compañeiros de café e dominó na taberna. O dono desta, Mansur, é viúvo e tén unha filla preadolescente, Sara. Sinbad mantén con ela unha relación moi afectuosa. Acompáñaa ás veces á escola e apréndelle cousas do mar e das estrelas. Sara é a mellor receptora de todos os contos que narra Sinbad.
VER FILME
BAIXAR FILME
S.F.- THE LEGEND OF CHUN-LI (2009)
STREET FIGHTER - A LENDA DE CHUN-LI
Sendo só unha nena, Chun-Li (Kristin Kreuk) ve como o seu pai é
secuestrado. Dez anos despois, recibe a visita de Gen (Robin Shou), un antigo delincuente reconvertido en defensor dos máis
débiles. Este revelaralle que o seu pai está en mans de Bison (Neal McDonough), un perigoso criminal. Gen ofrecerase a adestrar a Chun-Li para que poida enfrontarse a Bison e rescatar ao seu
pai.
VER FILME
BAIXAR FILME
MUSIC AND LYRICS (2007)
TI A LETRA E EU A MÚSICA
Unha vella estrela pop dos 80, Alex Fletcher (Hugh Grant), ten a oportunidade de
volver saborear o exito cando lle piden compoñer e cantar unhacancion coa popular cantante Cora
Corman (Haley Bennett) . O problema é que Alex leva anos sen compoñer, e ademas perdeu
a motivacion para escribir. Coa axuda da súa amiga Sophie Fisher (Drew Barrymore), que acaba de saír dunha relacion, Alex intenta atopar o amor e o exito.
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
LEGALLY BLONDE (2001)
UNHA LOURA MOI LEGAL
Elle Woods é unha loura auténtica, moi popular, boa estudante, presidenta da súa irmandade e Miss Xuño no calendario da Universidade, e está namorada de Warner Huntington III. Pero todo se derruba cando o seu noivo decide romper con ela debido a que é demasiado loura e non o suficientemente formal para a súa futura carreira no mundo da política. Elle matricúlase na Facultade de Dereito da Universidade de Harvard, asumindo un reto aínda maior do que esperaba.
VER FILME (PORTUGUÉS)
VER FILME
BAIXAR FILME
LEGALLY BLONDE 2 (2003)
UNHA LOURA MOI LEGAL 2
Elle é unha prometedora e nova avogada dunha grande empresa que trata de lograr o equilibrio entre a súa esixente carreira e os preparativos para a voda co home dos seus soños. Pero cando descobre que os demais membros de raza do seu adorado can Bruiser están a ser empregados para ensaios cosmetolóxicos por parte dunha empresa que é clienta súa, sae en defensa dos seus dereitos e deseguida escomezan as súas desgrazas.
VER FILME(PORTUGUÉS)
VER FILME
BAIXAR FILME
WILD WILD WEST (1999)
Jim West é un vello heroe da guerra de secesión. Artemus Gordon é un inventivo sherif que o supera na arte do disfrace. Cando os Estados Unidos estean baixo a ameaza do lunático confederado Arliss Loveless, o presidente President Ulysses Grant encarga esta excéntrica parella de heroes que se ocupen del. Nunha movida viaxe dende Washington a Utah, os nosos heroes deberán enfrontarse aos diabólicos dispositivos de Loveless.
VER FILME
BAIXAR FILME
RABBIT PROOF FENCE (2002)
XERACIÓN ROUBADA
V.O.S.
Filme dirixido por Philip Noyce. Está baseada nun feito real acontecido no ano 1931 en Australia. Molly Craig é unha nena que foxe coa súa irmá menor e coa súa prima, as tres mestizas, dunha institución gobernamental creada para formar as nenas desta condición como empregadas domésticas ao servizo da sociedade branca australiana. Armada de gran valor e determinación, Molly guía as pequenas, que vivirán unha auténtica odisea.
VER FILME - Parte 1