Engalecine

Páxina 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,

         13,14


FLYBOYS (2006)

FLYBOYS, HEROES DO AIRE

 

O filme segue o recrutamento, formación e experiencias de combate na área de Jametz dun grupo de mozos estadounidenses expatriados que se ofreceron voluntariamente para converterse en pilotos de combate da Escuadrilla Lafayette, o 124ª escuadrón aéreo, formado polos franceses no 1916. A escuadra estaba composta por 5 oficiais franceses e 38 voluntarios estadounidenses que querían voar e combater na Primeira Guerra Mundial, durante os anos do conflito principal (1914-1917), antes de que Estados Unidos se unise á guerra contra os Imperios Centrais.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

HEARTBREAK RIDGE (1986)

O SARXENTO DE FERRO


O sarxento Tom Highway (Eastwood), un adicto ao alcohol, parece disposto a arruinar a súa vida persoal, sacrificando a súa muller, aos seus amigos e mesmo a súa reputación, con tal de chegar ao máis alto na carreira militar. Veterano das guerras de Vietnam e Corea, volve aos Estados Unidos para levar a cabo unha misión nada doada: instruír un grupo de novatos desmotivados e indisciplinados para convertelos en auténticos militares.

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

MATCHSTICK (2003)

OS IMPOSTORES

 

Roy (Nicolas Cage) e Frank (Sam Rockwell) son dous estafadores de pouca monta. A vida de Roy é máis ben problemática: padece agorafobia, é un maníaco compulsivo e carece de relacións persoais; ás veces, non ten máis remedio que visitar a un psicanalista (Bruce Altman). Grazas á terapia que segue, decátase de que ten unha filla adolescente (Lohman), cousa que nunca quixera confirmar; pero resulta que ela quere coñecelo. Pouco a pouco, Roy empeza a gozar dunha relación que nunca soñara ter.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

 

KELLY´S HEROES (1970)

OS VIOLENTOS DE KELLY

 

Na Segunda Guerra Mundial,  tras a captura dun comando alemán, Kelly, un oficial degradado, descobre durante o interrogatorio a un alto mando alemán que un banco situado en territorio inimigo garda unha fortuna de 16 millóns de dolares en lingotes de ouro. A partir de aquí a súa ilusión pola contenda aumentou e comeza a recrutar homes coa finalidade de acadalo.

 

VER FILME


 

BAIXAR FILME

PROOF OF LIFE (2000)

PROBA DE VIDA

 

O enxeñeiro xefe norteamericano Peter Bowman é capturado por forzas antigobernamentais durante unha incursión na capital de Tecala, nos Andes. Cando os rebeldes descobren a súa identidade esixen 3 millóns de dólares para devolvelo san e salvo. Non obstante, a empresa de Peter, con base en Houston, está ao bordo da bancarrota e cancelou a póliza de seguros contra secuestros, así que non poden proporcionar o diñeiro para o seu rescate. Abandonada pola compañía, a esposa de Peter, Alice, debe facer fronte á situación pola súa conta.

 

BAIXAR FILME

 

IT´S A WONDERFUL LIFE (1946)

QUE FERMOSO É VIVIR

 

George Bailey (James Stewart) é un honrado e modesto cidadán que dirixe e mantén a flote un pequeno banco familiar, a pesar dos intentos dun poderoso banqueiro por arruinalo. O dia de Noiteboa de 1945, atordado pola repentina desaparición dunha importante suma de diñeiro, que supoñería non só a quebra do seu banco, senón tamén un grande escándalo, decide suicidarse, pero cando está a piques de facelo acontece algo extraordinario.

 

VER FILME (V.O.S.P.)

 

THE WAY  (2010)

 

Tom Avery (Martín Sheen), un reputado oftalmólogo viúvo, un día recibe unha chamada na que se lle comunica que o seu fillo Daniel, co que nunca tivo boas relacións, faleceu nun temporal nos Pireneos.Tom, desolado, viaxa a Francia e, cando descobre que o seu fillo estaba a facer o Camiño de Santiago, decide rematar a ruta na súa honra.

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

URXA (1989)

 

Urxa conta tres momentos na vida dunha muller. No primeiro episodio, O medallón de Urxa, prodúcese o relevo no oficio. Encádrase a acción a comezos de século e como fondo temos o valor cultural da “casa” no medio rural. O tesouro de Petro Xesto. Anos 40. O prestixio da “casa” e os seus compoñentes é aquí o motivo central. N' O ídolo de Milderun arqueólogo provoca o desenlace dunha vella lenda narrada por Urxa. Nada troca, só que os valores e as ideas toman outras formas.

 

VER FILME