Engalecine

Páxina 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,

         13,14


COOL HAND LUKE (1967)

A LENDA DO INDOMABLE


O arroutado Luke Jackson (Paul Newman) é condenado a dous anos de traballos forzados por romper, en plena borracheira, un poste de aparcadoiro. A vida no cárcere é durísima, con compañeiros castigados a penas moito maiores, e a violencia, en presos e carcereiros, un hábito do que ninguén pode prescindir. Luke, veterano de guerra, non está disposto a ceder. Pero terá que pagar un prezo pola súa pretensión de seguir sendo el mesmo.

 

 

VER FILME (P1)

 

VER FILME (P2)

 

BAIXAR FILME

 

CARGO (2005)

 

Un inxenuo mozo (Brühl), vese envolvido nun desagradábel incidente coa policía tras roubar un brazalete nun mercado africano. Sen pasaporte nin diñeiro, o único xeito de voltar a Europa é embarcarse agochado. Ao pouco de zarpar, o rapaz é descuberto: a súa presenza é unha ameaza para a tripulación porque a mercadoría que levan é ilegal. Durante a viaxe, entaboa unha ambigua relación co capitán (Amolezan), un home temíbel e abalocado pola vida, pero que aínda conserva algo da súa antiga honradez. 

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

DAGON, LA SECTA DEL MAR (2001)

DAGON, A SEITA DO MAR


Paul e a súa noiva Barbara están celebrando o éxito da súa nova empresa con Howard, o seu socio, e a súa muller Vicki. Os catro están gozando das súas vacacións na costa de Galicia. Os problemas comezan cando o barco no que van choca contra un arrecife, deixando a Vicki atrapada entre os restos. Howard fica con ela mentres Paul e Barbara van en busca de axuda. Chegan a un decrépito pobo de pescadores que parece estar deserto. Aparecen uns estraños habitantes ofrecendo axuda. ...

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

ÉRASE OTRA VEZ (2000)

ERA OUTRA VEZ

 

Uns ex-compañeiros da mesma promoción de xornalistas reúnense durante unha fin de semana  no chalet de Rosendo, que é escritor, e que está escribindo un libro co mesmo tema que trata a película. Xúntanse despois de dez anos acabados os seus estudos, unha promesa que se fixeran no seu momento.

 

 

VER FILME

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

 

GRAN TORINO (2008)

 

Walt Kowalski (Clint Eastwood), veterano da guerra de Corea, é un obreiro xubilado do sector do automóbil recentemente enviuvado. Está apaixonado polo seu coche, un Gran Torino de 1972. Home inflexíbel e rabechudo, a quen lle custa traballo asimilar os cambios que se producen ao seu arredor, especialmente á chegada de multitude de inmigrantes asiáticos ao seu rueiro. Así e todo, as circunstancias farán reformularse as súas ideas.

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

THE WILD STALLION (2009)

O CABALO SALVAXE


Esta fita narra a historia de CJ e Hanna, dúas rapaciñas xeitosas. Hanna vai visitar a CJ que vive nun rancho, e decide fotografíar cabalos salvaxes para un proxecto escolar. As dúas nenas fanse grandes amigas e descobren unha trama que pode comprometer aos cabalos mustangs.

 

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

OUTRO MÁIS (2012)

 

Este filme expón o que acontece nunha vila da costa galega, cando unha marea negra afecta o seu medio de vida e as relacións entre os seus veciños. Nela, Barca apura a repartición do pan mentres Raúl espera por ela á porta da igrexa para concretar a data da voda. Ao mesmo tempo coñécense as primeiras novas da aparición dun petroleiro fronte ás costas galegas. A partir de aquí, a protagonista toma conciencia dunha situación que a fará reflexionar sobre moitas cousas e que van provocar crises na súa relación.

 

 

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

JOHN CARPENTER´S GHOST OF MARS (2001)

PANTASMAS DE MARTE DE JOHN CARPENTER


Corre o ano 2176. Por mor da superpoboación da Terra, Marte converteuse nunha zona habitada, pero segue a ser un lugar perigoso. Para colmo, durante unha exploración descóbrese que unha civilización marciana que permaneceu durmida moito tempo, agora está esperta. Por iso, un pequeno grupo de policías é enviado a unha afastada poboación mineira coa misión de escoltar un perigoso criminal.

 

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

RESIDENT EVIL (2002)

 

Nun centro clandestino de investigación xenética, con fins militares, dunha poderosa multinacional, prodúcese un brote vírico que contamina todo o edificio. Para conter a fuga o ordenador que controla o centro sela toda a instalación e, nun principio cre que morren todos os empregados, pero en realidade se converteron en feroces zombis...

 

 

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

 

RESIDENT EVIL: APOCALYPSE (2004)

RESIDENT EVIL 2: APOCALIPSE


Un virus mortal foi liberado sobre a poboación de Raccoon City. Alice (Milla Jovovich), unha das sobreviventes do desastre bioquímico, atópase no corazón desta devastada cidade. Sometida a experimentos que alteraron a súa xenética, agora posúe forza, sentidos e destreza sobrehumana. Estas habilidades, e máis, serán as que deba utilizar quen queira sobrevivir nesta nova aventura. Xunto con outros sobreviventes deberá escapar da cada vez máis perigosa Raccoon City.

 

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME