Engalecine

 

ADIANTE

 

RECUAR

A BOLBORETA SABELA

 

 

Fábula dunha bolboreta chamada Sabela, rodeada dos seus amigos Antón e Xesusa. As súas aventuras evolucionan cara unha realidade fantasiosa e chea de imaxinación. 

 

VER CURTA

A CEBRA CAMILA

 

A nai de Camila dicíalle sempre que non saíse de casa sen cueiro nin tirantes. Un día, Camila saíu de casa sen atender aos consellos da súa nai e por arte de malos ventos, deixou de ser unha cebra listada e converteuse en algo parecido a unha mula branca con camiseta de raias.

VER CURTA

A MAIOR FLOR DO MUNDO

 

Conto fantástico de Saramago onde os soños se cruzan coa realidade. Se os contos para nenos pasasen a ser de lectura obrigatoria para os adultos? Serian eles capaces de aprender realmente o que tanto tempo levan ensinado?  

 


VER CURTA

A QUE SABE A LÚA?

 

Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as pernas e os brazos, tentando collela... 

Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala.

 


VER CURTA

A TOUPIÑA

 

 

Canción sobre o conto A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...A toupiña atopará respostas e tamén, Plas-Chof-Plin! algún son que te sorprenderá

 

VER CURTA

A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR

 

A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Pero os seus amigos non deixan de chamar á súa porta para traerlle agasallos que a acompañen no período de sono...

 

VER CURTA

A TARTARUGA QUE QUERIA VOAR (Brasil)

 

Unha pequena tartaruga tiña o desexo de voar coma un paxaro e fará todo o que está na súa man para poder acadar ese fin.

 

VER CURTA EN PORTUGUÉS

IGNOTUS

 

Un neno orfo consegue sobrevivir a fame negra de 1853 coa axuda de Rosalía, unha moza escritora de clase social acomodada, quen lle proporciona alimento e roupa ao rapaz. Esta é unha obra de baseada nun relato de Manuel Murguía.

 

VER CURTA

MARIZA

 

Un burro non quería camiñar coa carga de peixe que o amo lle puxo. Este vai idear un xeito para que se mova coa carga cara o pobo.

VER CURTA


O APALPADOR

 

É un xigante carboeiro que descende das devesas do Courel no Nadal para apalparlle as barrigas aos nenos cando dormen para comprobar se están ben mantidos. Deixáballes unha presada de castañas como agasallo. Ten unha dura competencia con Papa Noël e cos Reis Magos.

VER CURTA

OS DEFUNTOS FALABAN CASTELAO

 

Historia baseada nun relato de Ánxel Fole. Na noite de defuntos, unha rapariga foxe da súa casa para ir casar co seu mozo. Esa mesma noite, os veciños escoitan unhas misteriosas voces provintes do camposanto falando en castelán.

 

VER CURTA

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

 

No día do seu aniversario, un neno recibe unha morea de soldadiños de chumbo. Un deles ten só unha perna, pois non houbo suficiente metal para darlle forma completa. Preto de onde foi pousado, atópase unha fermosa bailarina de papel, tamén apoiada nunha soa perna e o soldadiño namórase dela. Pero á noite, un trago aparece nunha caixa negra de sorpresas, e prohíbelle ollar pra ela. O soldado ignorao, pero el ameázao con vinganse. Ó día seguinte, o soldadiño cae dunha fiestra e vai parar á rúa.

VER CURTA

O SAPO E O RAPOSO

 

Baseado nun conto tradicional galego este video foi producido polo Xabarin Club da TVG. O sapo retou ao raposo nunha carreira para demostrarlle que é máis rápido. 

 

VER CURTA

OVOS MALOS

 

Fábula sobre un grupo de irmáns, a un deles trataron de axudalo pero cando logrou saír, esqueceuse  dos irmáns que lle botaron unha man.

VER CURTA

POLOS PAXAROS

 

A historia que nos conta é unha fábula sobre o respeto e a convivencia que debe reinar na terra. Os paxariños, que representan a insolidariedade, teñen un final non desexado por eles. Unha curtametraxe moi simpático e cheo de contido.

 

 

 

VER CURTA

POMBAS

 

Historia de tres pombiñas que fan mil e unha artimañas para acadar un doce que se atopa preto deles.

 

VER CURTA