Engalecine

 

RECUAR

ALARMA

 

As veces espertar custa un mundo, pero nesta historia paranoica o son constante das distintas alarmas fainos tremer coa idea de ter que ouvir o son do despertador.

 

VER CURTA

ALMA

 

Unha nena descobre unha misteriosa tenda de xoguetes. Cunha estética chea de texturas coidadas ó detalle, engancha ao espectador con ritmo e música mimados para a ocasión, fechando o conto cun final, cando menos, inquedante.

 

VER CURTA

A MEIGA CHUCHONA

 

Conto popular sobre unha muller que lle van morrendo sucesivamente os fillos un a un sen que o médico poda facer nada por eles. Cando só lle queda un vivo, convéncese de que sofre un mal de ollo e procura consello. 

 

VER CURTA

AUBADE

 

Un relato visual escuro pero cheo de optimismo no resultado. Un home atopa un paxaro morrendo e o sistema imaxinario recuperao para volver voar.

 

 

VER CURTA

INVENCIÓN DE AMOR

 

Peza curta que se debate entre o amor e as máquinas, como substitutas da natureza e os seres, entre o real e o imaxinado, entre o superficial e os sentimentos de autenticidade, entre o artificioso e o querido.

Chama a atención as tonalidades de cor utilizadas como o xeito de iluminar as atmosferas.

 

VER CURTA

 

KIWI

 

Unha historia agridoce para todos aqueles que soñan con voar e loitan por cumprir os seus soños. E é que todo esforzo paga a pena, aínda que ás veces as metas parezan inalcanzábeis.

 

VER CURTA

LARVA

 

Simpática serie de curtas das aventuras de dúas larvas.

VER CURTA

LEVANTAR

 

Coma se os anos de adolescente non viñesen con angustia abonda, Stu debe recordar as funcións de miles de botóns idénticos durante o seu exame de rapto, e o seu instrutor, Sr. B, é rápido en rexistrar todos os seus movementos incorrectos. As bágoas son a única cousa que pode fundir o corazón endurecido do Sr. B, pero non por moito tempo.

 

VER CURTA

O COIDADOR DE GATOS

 

Mariano´traballa na cociña económica e a súa única ilusión é levarlle as sobras aos gatos, os seus únicos amigos. Mais un día os felinos deixan de serlle fieis e trócano por un tipo misterioso que semella ofrecerlles mellor comida. Ambientado na cidade de Pontevedra.

 

VER CURTA

O DEUS

 

Historia simpática sobre unha figura dun deus que tenta coller unha mosca que está a molestalo. O final é moi interesante.

 

VER CURTA

OVELLA NA ILLA

 

É unha animación 3D sobre algúns animais que foron transportados cara a praia en caixóns despois dun naufraxio. Atopamos unha ovella adorábel e entón un dinosauro que quere matar a ovelliña encóntrase con que esta ovella non é tan adorábel como semellaba. 

 

VER PARTE 1

VER PARTE 2 

 

 

PANGEA

 

Fantástica aventura en 3D dun pequeno cachorro de dinosauro intentando sobrevivir nun mundo competitivo, con toques de humor e simpatía.

 

 

VER CURTA

 

PARCIALMENTE NUBRADO

 

Intérnase nunha máxica historia na que o descenso dos xermolos ten lugar dende os ceos. Esta é unha obra chea de cor e imaxinación. Pero, sobre todo, dotada dun aluvión de tenrura, diversión e profundidade.

 

 

VER CURTA

PRESTO

 

Presto Di Giotagione, coñecido polo seu truco co chapeu, e por Alec, o seu coello. O pequeno Alec non será feliz neste mundo de fama, xa que Presto non está disposto a compartila con el, e manteno engaiolado  alonxado da cenoura do coello.

 

VER CURTA

 

PROBLEMAS NO PARAISO

 

Simpática historia sobre un cangrexo que se ve ameazado por un obxeto aparecido na praia, preto do seu niño. O descoñecemento faimo estar alerta.

 

VER CURTA

 

TOLERANTIA

 

O heroe da historia espértase despois dun sono longo, ao final da última glaciación. O seu razoamento non é algo que deberiamos envexar, mais el é competente para facer algo grande...

 

VER CURTA