Engalecine

 

ADIANTE

 

RECUAR

 

ASTÉRIX E OBÉLIX - ASTÉRIX NA BRETAÑA

 

Os británicos, normalmente independentes e autosufucientes, caen baixo dominio romano e píidenlles axuda aos galos para recuperaren a liberdade. Entón, Asterix e Obelix parten dende a Galia cara a Londinium (Londres) para lles axudaren aos seus amigos.

 

 

 

VER FILME

ASTÉRIX E OBÉLIX - ASTÉRIX O GALO

 

Astérix vive nunha aldea ao noroeste da Galia, a única parte do país que non conquistou aínda Julio César. A aldea está rodeada por catro campamentos romanos: Babaórum, Acuárium, Láudanum e Petibónum.No campamento romano próximo de Petibónum, Caius Bonus está moi enfadado porque as súas patrullas son sempre derrotadas. Iso é debido a que os galos toman unha poción máxica que os fai invencibeis

 

VER FILME

BATMAN E MR. FREEZE - BAIXO CERO

 

Mr. Freeze fundou un lar no Ártico e formou unha familia con Nora, conxelada crioxenicamente, un inuit chamado Kunac, e dous osos polares, Hotchka and Shaka. A condición de Nora comeza a deteriorarse repentinamente debido a que un submarino emerxe das augas xusto baixo eles. Belson determina que Nora precisa dun transplante de órganos, mais por causa do tipo sanguíneo tan pouco frecuente dela non encontra doadores dispoñíbeis.

 

VER FILME

DORAEMON - E O DINOSAURO PEQUENO

 

Unha aventura que nos leva ao tempo no que os dinosauros dominaban a terra. Nobita teima en lle probar aos amigos que é quen de dar cun ovo de dinsauro. Axudado por Doraemon, consegue que naza un exemplar de futabasauro que bautizan como Pisuke. Mais o pequeno sauro medra a toda velocidade e resulta imposible agachalo dos medios de comunicación. Daquela Doraemon e Nobita deciden que o mellor é devolvelo ao seu hábitat prehistórico usando a máquina do tempo.

 

VER FILME

 

DORAEMON -  E O IMPERIO MAIA

 

Doraemon y sus amigos viajan al corazón del imperio maya. Mientras ensayan una obra de teatro de la escuela, Nobita convence a Doraemon para abrir un agujero en el tiempo y poder así investigar en otras épocas. Y a través de la puerta mágica llegan al País de Mayana, una civilización maya escondida en la selva.

 

 

VER FILME

DORAEMON - E OS DEUSES DO VENTO

 

Nobita e Doraemon coñecerán unha nova amiga, Fuuko, unha pequena rapaza remuíño que grazas a un invento de Doraemon collerá forma dentro dun peluche de dragón. Xunto a Shizuka, Gian e Suneo, viaxarán ao Val do Vento, habitado polos Domadores do Vento, un pobo que aprendeu a usar o vento para aplicalo dun modo respectuoso, en convivencia con estraños e divertidos animais.

 

VER FILME

 

DORAEMON - E O TREN DO TEMPO

 

Doraemon, Nobita e toda o grupo lánzanse a unha abraiante aventura a bordo do Tren do Tempo, un máxico tren que é quen de ir polos confíns do espazo e de desafiar a liña espazo-tempo para viaxar pola historia da humanidade. No Tren do Tempo, o destino é unha incógnita, e con el chegarán a lugares descoñecidos para todos nós e coñecerán incribeis compañeiros de viaxe.

 

VER FILME