THE CAVE (2005)
A CAVERNA MALDITA
Nas profundidades dun bosque de Romanía, un equipo de científicos tropézase coas ruínas dunha abadía do século XIII. Descobren que a abadía está construída sobre a entrada dun enorme sistema de cavernas subterráneas. Contratan a Jack (Cole Hauser) e o seu irmán Tyler (Eddie Cibrian), un grupo norteamericano de exploradores profesionais de cavernas. Deste xeito, chegan a Romanía co equipamento máis sofisticado que existe. O excepcional grupo, do que tamén forman parte Charlie (Piper Perabo) e Buchanan (Morris Chestnut).
VER FILME (PORTUGUÉS)
VER FILME
BAIXAR FILME
MY SISTER´S KEEPER (2009)
A DECISIÓN DE ANA
A vida de Sara (Cameron Diaz) e Brian Fitzgerald (Jason Patric) cambia radicalmente cando á súa filla Kate (Vassilieva), de só dous anos, lle diagnostican unha leucemia. Inmediatamente, Sara abandona a súa carreira de avogado para adicarse por enteira ao coidado da súa filla. A súa única esperanza para salvala é ter outro fillo. A enxeñaría xenética é un campo que formula aínda cuestións morais moi espiñentas, pero para os Fitzgerald é a única opción.
VER FILME
BAIXAR FILME
SLEEPLESS IN SEATTLE (1993)
ALGO PARA RECORDAR
Tras a morte da súa esposa, o arquitecto Sam Baldwin (Tom Hanks)
atópase moi abatido. O seu fillo Jonah, convencido de que o seu pai precisa unha muller que lle devolva a alegría de vivir, o dia de Nadal chama a un programa de raio pra contar a súa historia. Miles de mulleres escóitano: unha delas, Annie Reed (Meg Ryan), que está a piques de casar empeza a obsesionarse coa idea de coñecer a Sam antes de casar co seu
noivo
VER FILME
BAIXAR FILME
A MARIÑEIRA (2007)
Este é un filme que está ubicado no tempo da republica e posterior continxencia bélica do 1936. Introdúcenos nunha historia particular de aventuras, amor e inxustizas, guiada pola valentía dunha muller nunha vila mariñeira galega, en Carnota. Concretamente, na parroquia de Pindo, en Quilmas, entre a paisaxe rosada do monte e o mar inmenso, asistimos aos costumes da época e da zona.
VER FILME
BAIXAR FILME
LA NOVIA DE MEDIANOCHE (1997)
A NOIVA DE MEDIANOITE
Unha acomodada muller dúas veces viúva, vive coa súa familia e dous criados nun umbrío pazo na Galicia de finais do século XIX illada do mundo para ocultar
un grave suceso acontecido no seo familiar dez anos antes. Este acontecemento ten sometida á familia a certas chantaxes das que se verán liberados grazas á chegada á mansión de dous forasteiros
que desencadean o esclarecemento dos feitos e un cambio na futura vida familiar.
VER FILME
BAIXAR FILME
EXTREME MEASURES (1996)
AO CRUZAR O LÍMITE
Guy Luthan (Hugh Grant) é un médico inglés que traballa nun hospital de Nova York. Cando desaparece o corpo dun home que faleceu na súa sala de urxencias, fai preguntas que polo visto a ninguén lle agradan. O doutor Luthan segue coas súas indagacións e visita ao eminente cirurxián Lawrence Myrick (Gene Hackman). Entón Luthan comeza a decatarse, xa que hai algunhas persoas dispostas a impedir como sexa que coñeza os segredos do hospital, de que corre un serio perigo.
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
FINDING RIN TIN TIN (2007)
AS NOVAS AVENTURAS DE RIN TIN TIN
A verdadeira historia do pastor alemán que, tras formar parte das tropas combatentes na Primeira Guerra Mundial, é trasladado aos Estados Unidos onde o adestran para convertelo nunha auténtica estrela de Hollywood.
VER FILME
BAIXAR FILME
OUT FOR JUSTICE (1991)
BUSCANDO XUSTIZA
Gino Felino é un detective de policía de Brooklyn que un día recibe unha chamada
comunicándolle que o seu mellor amigo Bobby Lupofoi asasinado, a plena luz do día, na rúa e diante da súa esposa e os seus fillos, polo capo
mafioso Richie Madano, inimigo de ámbolos dous dende a súa xuventude. Gino emprenderá unha furiosa caza
de Madano.
BAIXAR FILME
NORTH COUNTRY (2005)
EN TERRA DE HOMES
Unha nai solteira con dous fillos ao seu cargo, Josey Aimes (Charlize Theron), cando fracasa o seu matrimonio regresa a súa vila natal no norte do estado de Minnesota, busca traballo nas minas de ferro para poder subsistir. Terá que pasar por unha serie de humillacións e acoso por parte dos homes para poder conservar o emprego.
VER FILME
BAIXAR FILME
THE MACHINIST (2004)
O MAQUINISTA
Trevor Reznik, un empregado dunha fábrica, padece dende hai tempo un grave problema de insomnio, un mal que agocha e que lle provoca serias alucinacións. Trevor non dorme dende hai un ano. A fatiga comportoulle un horríbel deterioro da súa condición física e da súa saúde mental. Repelidos polo seu aspecto físico, os seus compañeiros de traballo primeiro evítano, e despois volveranse contra el cando un deles perde un brazo nun incidente no que Trevor se ve involucrado.
VER FILME
BAIXAR FILME