Engalecine

Páxina 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,

         13,14


 

JEREMIAH JOHNSON (1972)

AS AVENTURAS DE JEREMIAH JOHNSON

 

O ex soldado e veterano da guerra de intervención estadounidense a México (1846 -1848) Jeremiah Johnson (Robert Redford) arriba ás Montañas Rochosas co propósito de sobrevivir no ambiente salvaxe por si só. Consegue a axuda dun vello trampeiro alcumado Pouta de oso (Will Geer). Posteriormente forma un fogar con Swan (Delle Bolton), unha muller amerindia, e Caleb (Josh Albee), un rapaz a quen adopta.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

WHEN HARRY MET SALLY (1989)

CANDO HARRY ATOPOU A SALLY

 

Harry Burns (Billy Cristal) e Sally Albright (Meg Ryan) son dous estudantes universitarios que se coñecen por casualidade, cando ela se ofrece a levar Harry no seu coche. Durante a viaxe falan sobre a amizade entre persoas de diferente sexo e as súas opinións son absolutamente diverxentes: mentres que Harry está convencido de que a amizade entre un home e unha muller é imposible, Sally cre o contrario. A pesar diso, pasan os anos e a súa relación continúa.

 

VER FILME (PORTUGUÉS)

 

VER FILME


 

BAIXAR FILME

KANGAR00 JACK (2003)

CANGURO JACK

Dous amigos, Charlie Carbone (Jerry O'Connell) e Louis Booker (Anthony Anderson) son enviados a Australia a entregar $50,000 dólares, como pagamento ao padrasto mafioso de Charlie (Salvattore Maggio) por levar a policía ao seu escondedoiro de mercadoría roubada. Como non poden pasar tanto diñeiro a outro país, Louis pono na súa chaqueta. No camiño cara ao destinatario do diñeiro, arrastran un canguro parecido a Jackie Legs, poñenlle a súa chaqueta e uns lentes pensando que estaba morto pero escapa brincando. Os dous amigos déixano ir ata que Louis recorda que puxo o diñeiro na chaqueta.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

EDISON (2005)

CIDADE SEN LEI

 

Josh Pollack (Justin Timberlake) é un novo reporteiro que investiga o asasinato dun traficante de drogas porque sospeita que hai algo turbido detrás do crime, en concreto nunha unidade de elite corrupta. O seu xefe (Morgan Freeman) bótao, pero ao ver que un policía (Dylan McDermott) ameaza a Pollack, vólveo readmitir. Os dous xornalistas, coa colaboración doutro novo policía (LL Cool J.), van coa historia ao investigador do fiscal do distrito (Kevin Spacey).

 

 

VER FILME 

 

BAIXAR FILME

 

 

 

CIMARRON (1960)

 

A finais do século XIX, milleiros de pioneiros colonizadores foron na procura de novas oportunidades dirixíndose ao territorio de Oklahoma. Entre eles atópase Yancey Cravat e a súa muller Sabra, que decidiu deixar a cidade e acompañar ao seu marido nesta aventura, contra o desexo dos seus pais.

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

CREBINSKY (2010)

 

Medran ao pé dun faro, a base de sobrevivir recollendo cousas que trae o mar, as crebas. 

 Illados dos acontecementos bélicos que lles rodean, crean o seu propio mundo: Un universo particular de realismo fantasioso. O ritmo cotiá de convivencia coa súa vaca Muchka, vese alterado cando esta desaparece. É entón cando os irmáns inician unha busca desesperada que os levará da costa cara ó interior.
Sen saber onde van, rematan descubrindo de onde veñen.

 

 

VER FILME

 

 

DENNIS THE MENACE (1993)

DANIEL O FEDELLO

 

Daniel, é un neno moi bo pero lamentablemente ninguén o entende. En especial o seu veciño George Wilson, que a pesar de dicir sempre que se afaste del, quere a Daniel con todo o seu corazón, pois créeo parte da súa familia. Nesta entrega Daniel demostrará que non é un neno maleducado, senón un neno moi valente e samente activo.

 

 

 

VER FILME (PORTUGUES)

 

VER FILME 


 

BAIXAR FILME

 

 

MISSING IN ACTION (1984)

DESAPARECIDO EN COMBATE

 

O coronel Braddock (Chuck Norris) escapou fai xa 10 anos dun campo de prisioneiros cando estivo a combater na guerra do Vietnam. Agora volverá de novo ao devandito país para intentar rescatar varios soldados americanos capturados no conflito, e que sabe seguen en catividade e vivos tras todo este tempo.

 

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME

FINAL DESTINATION 4 (2009)

DESTINO FINAL 4

 

Nick (Bobby Campo) asiste xunto á súa noiva Lori (Shantel V.Santen) e os seus mellores amigos Hunt (Nick Zano) e Janet (Haley Webb) ao Circuíto de Autoa McKinley. Todos a pasan ben ata que nun momento inesperado Nick ten unha horríbel premonición onde un auto se descontrola e acontece un gran choque ocasionando que as proteccións do recinto colapsen por mor dos estoupidos.  Cando na realidade se produce o accidente o cal Nick vira uns intres antes, os amigos non dan creto do acontecido.

 

VER FILME 

 

BAIXAR FILME

 

 

TWO MISSIONARIES (1974)

DOUS MISIONEIROS

 

Bud Spencer e Terence Hill dan vida a dous particulares "misioneiros" que viven nunha paradisíaca illa, e póñense do lado dos nativos desta cando un pouco escrupuloso gobernador pretende desaloxala para utilizala en beneficio dos seus escuros intereses.

 

 

 

VER FILME

 

BAIXAR FILME